Defensores da Man Vermella
Red Hand Defenders (RHD) | |
---|---|
Organización armada de Irlanda do Norte | |
Creación | 1998 |
Área de operacións | Irlanda do Norte |
Ideoloxía | Unionismo norteirlandés Lealismo |
Vencellado a | Loyalist Volunteer Force |
Status | Organización proscrita no Reino Unido[1] Considerada terrorista pola UE (Véxase Lista da Unión Europea de grupos terroristas) |
Os Defensores da Man Vermella (en inglés: Red Hand Defenders, RHD) é un grupo paramilitar norteirlandés creado en 1998 e composto principalmente de militantes protestantes partidarios da liña dura procedentes de grupos unionistas. Está integrado por membros da Asociación de Defensa do Ulster e da Forza de Voluntarios Lealistas, moitos dos cales son aínda membros destes grupos. En xaneiro de 2002, o grupo anunciou que os membros das escolas católicas de Belfast e os carteiros católicos eran obxectivos lexítimos. Malia os chamamentos de febreiro de 2002 da Asociación de Defensa do Ulster e da Forza de Voluntarios Lealistas para que anunciase a súa disolución, a RHD continúa a ameazar e a publicar reivindicacións de responsabilidade. A comezos de 2003, a RHD reivindicou a súa responsabilidade no asasinato de dous membros da Asociación de Defensa do Ulster como resultado do que é chamado descrito como unha guerra interna lealista. Tamén asumiu a autoría da colocación dunha bomba nas oficinas do Sinn Féin Poblachtach en Belfast Oeste que foi desactivada sen producir danos. Nos anos recentes, o grupo ten levado a cabo ataques contra obxectivos civís como vivendas, igrexas e negocios privados. En xaneiro de 2002, o grupo incendiou a vivenda dun funcionario de prisións en Belfast Norte.
Sóubose por vez primeira da RHD cando asumiu a autoría do atentado cunha granada caseira (coñecidas como "blast bombs" en Irlanda do Norte) levado a cabo o 7 de setembro de 1998 que matou a Frankie O'Reilly, un membro da Real Policía do Ulster. (Este ataque produciuse durante unha manifestación da Orde de Orange en Drumcree contra a decisión de non permitir á Orde para marchar a través dunha área católica de Portadown, Condado de Armagh.) O grupo tamén recoñeceu ter asasinado a Brian Service, un civil católico, o 2 de novembro de 1998. Tamén reivindicou ter matado a Rosemary Nelson, unha activista dos dereitos humanos católica, en Lurgan o 15 de marzo de 1999. Ademais dos asasinatos, a RHD ten reivindicado ataques incendiarios a familias católicas en toda Irlanda do Norte. A RHD apareceu máis ou menos ao mesmo tempo que os Voluntarios de Orange e inicialmente pensábase que os militantes actuaban en ambos grupos.
O grupo ten emitido declaracións que semellan estar inspiradas na Biblia, Deuteronomio, capítulo 7, versículo 2: "And the Lord thy God shall have delivered them to thee: thou shalt utterly destroy them. Thou shalt make no league with them, nor show mercy to them ... neither shalt thou make marriages with them."
Segundo a base de datos de mortes de Sutton no proxecto CAIN da Universidade do Ulster[1] Arquivado 24 de marzo de 2016 en Wayback Machine., a RHD foi responsable de oito mortes até 2001. Seis das súas vítimas teñen sido civís, unha era membro da Asociación de Defensa do Ulster e outra era membro da Real Policía do Ulster.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Proscribed Groups". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2009. Consultado o 14 de abril de 2009.