Saltar ao contido

DeepSeek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 DeepSeek
 Nome orixinal
杭州深度求索人工智能基础技术研究有限公司 (zh)  
Hangzhou DeepSeek Artificial Intelligence Basic Technology Research Co., Ltd. (en)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
DeepSeek (mul)  
杭州深度求索人工智能基础技术研究有限公司 (zh)  
深度求索 (zh)   Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Características
 Forma xurídica
 Produto ou servizo
Implicados
 Fundador/a
 Propietario/a
 Matriz
Datas
 Fundación / creación
maio de 2023 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Lugar de formación
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Twitter: deepseek_ai GitHub: deepseek-ai Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

DeepSeek (en chinés simplificado: 深度求索; pinyin: Shēndù qiúsuǒ) é unha empresa chinesa de intelixencia artificial que desenvolve modelos de linguaxe estendido de código aberto. A empresa está financiada exclusivamente polo fondo de investimento chinés High-Flyer. Tanto DeepSeek como High-Flyer teñen a súa sede en Hangzhou.[1]

En xaneiro de 2025, a compañía gañou a atención internacional co lanzamento do seu último modelo, DeepSeek R1, un competidor de sistemas de chatbot como ChatGPT de OpenAI.

En abril de 2023, High-Flyer, un fondo con sede en Hangzhou que utiliza un modelo de intelixencia artificial para transaccións financeiras (negociación de alta frecuencia),[2] anunciou a través do seu fundador Liang Wenfeng que lanzaría unha empresa independente especializada en intelixencia artificial chamada DeepSeek, co fin de desenvolver e comercializar intelixencia artificial xerativa utilizando un modelo de linguaxe desenvolvido pola firma.

En novembro de 2023, DeepSeek lanzou o seu primeiro modelo, chamado DeepSeek Coder, especializado na xeración e comprensión de códigos fonte.

O 29 de novembro do mesmo ano, DeepSeek anunciou o lanzamento do seu primeiro bot conversacional mediante un modelo de linguaxe de grande escala chamado DeepSeek LLM, que constaba dun total de 67.000 millóns de parámetros, gratuíto e de código aberto.

O 7 de maio de 2024, DeepSeek lanzou DeepSeek V2, que nesta ocasión contiña un total de 236.000 millóns de parámetros e podía activar até 21.000 millóns de parámetros por cada token utilizado. Ao mes seguinte, lanzouse a segunda versión de DeepSeek Coder chamada DeepSeek Coder V26.

En decembro de 2024, DeepSeek lanzou DeepSeek V3, que substituíu a versión anterior e pretendía ser unha alternativa a outros modelos de idiomas dispoñibles en liña.

O 20 de xaneiro de 2025, a compañía anunciou o lanzamento do seu primeiro modelo de razoamento chamado Deepseek R1, utilizando unha cadea de razoamento mediante o desenvolvemento de pasos lóxicos sucesivos para as consultas.

  1. Spadoni, Pedro (2025-01-28). "DeepSeek: Quem é o 'pai' da inteligência artificial chinesa?". Olhar Digital (en portugués). Consultado o 2025-01-29.
  2. McMorrow, Ryan; Olcott, Eleanor (2024-06-09). "The Chinese quant fund-turned-AI pioneer". Financial Times. Consultado o 2025-01-29.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.