Decreto de Alhambra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Decreto de Alhambra

O Decreto de Alhambra foi un decreto rexio promulgado polos Reis Católicos (Isabel I de Castela e o rei Fernando II de Aragón), ordenando a expulsión ou conversión forzada da poboación xudía dos reinos de Castela e Aragón. Este decreto deixaba marchar dos seus reinos quen non quixese converterse ao catolicismo e foi a causa da dispersión dos sefarditas (xudeu españois) polo Magreb, Medio Oriente e sudeste de Europa. Foi escrito por Juan de Coloma, o secretario real, e asinado en Alhambra, Granada, o 30 de marzo de 1492.

Aceptado con resignación por grande parte da comunidade xudaica, unha notábel excepción foi o rabino D. Isaac Abravanel. Un documento ficticio, atribuído a Isaac Abravanel, que seria unha resposta escrita a ese decreto, foi na verdade forxado por David Rafael en 1988. No seguimento do seu intento en convencer os reis católicos a cancelar o decreto, teria escrito unha resposta punxente e profética ao decreto, nas vésperas da súa partida. A orixe real do documento encontrase nunha obra de ficción publicada en 1988, intitulada Alhambra Decree do autor David Raphael.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.sephardicstudies.org/decree.html A Resposta de Don Isaac Abravanel ao Édito de Expulsión

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]