Declaración de Xenebra (medicina)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Declaración de Xenebra é un texto alternativo ao xuramento hipocrático proposto pola Asemblea Xeral da Asociación Médica Mundial realizada en setembro de 1948. Toma o seu nome da sede na que se realizou a reunión, a cidade de Xenebra, Suíza.

O texto ten como finalidade principal a de crear un novo documento que cumpra a función que tivo o texto hipocrático no momento da súa creación, a de crear unha base moral para todos os médicos, sobre todo considerando a experiencia da II Guerra Mundial. Pese á súa pretensión de ser un texto internacionalmente aceptado, o certo é que esta Declaración tivo relativamente pouca repercusión pública. O texto foi emendado en 1986, 1983 e 1994, e revisado en 2005 e 2006.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Galifontes
A Galifontes posúe escritos orixinais acerca de: Declaración de Xenebra (medicina)

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]