Declaración de Soberanía de Estonia
Declaración de Soberanía de Estonia | |
---|---|
Tipo | declaración ![]() |
Aspecto de | restauración da independencia de Estonia ![]() |
Localización | |
País | Estonia ![]() |
[ Wikidata ] |

A Declaración de Soberanía de Estonia (en estoniano: Deklaratsioon Eesti NSV suveräänsusest) emitiuse o 16 de novembro de 1988[1] durante a Revolución Cantada na República Socialista Soviética de Estonia. A declaración afirmou a soberanía de Estonia e a supremacía das leis estonianas sobre as leis da Unión Soviética.[2] O recentemente elixido parlamento de Estonia tamén reclamou todos os recursos naturais: terras, augas interiores, bosques, xacementos minerais e medios de produción industrial, agricultura, construción, bancos estatais, transportes, servizos municipais, etc. dentro das fronteiras de Estonia.[2]
Contexto
[editar | editar a fonte]Estonia gañou a independencia en 1918, logo da primeira guerra mundial. Durante a segunda guerra mundial, do 16 ao 17 de xuño de 1940, Estonia foi a invadida e ocupada polo exército soviético, e o seu territorio foi posteriormente anexionado pola Unión Soviética estalinista en agosto de 1940.
A maioría das nacións occidentais negáronse a recoñecer a incorporación de Estonia de jure pola Unión Soviética e só recoñeceron de facto ou non o goberno da RSS de Estonia.[3][4] Estes países recoñeceron a diplomáticos e cónsules de Estonia, Letonia e Lituania que aínda funcionaban en nome dos seus antigos gobernos. Estes diplomáticos persistiron nesta situación anómala ata a restauración definitiva da independencia do Báltico.[5]
Na década de 1980, introducíronse novas políticas de perestroika e glasnost e a represión política na Unión Soviética chegou á súa fin. Como resultado, durante o intento de golpe de estado soviético de 1991 o 20 de agosto de 1991, Estonia restaurou a total independencia, case tres anos despois da Declaración de Soberanía de Estonia.[6] O 6 de setembro de 1991, a Unión Soviética recoñeceu a independencia de Estonia, e o país pasou a ser membro das Nacións Unidas o 17 de setembro de 1991.[7] Despois de máis de tres anos de negociacións, o 31 de agosto de 1994, as últimas forzas armadas restantes de Rusia retiráronse de Estonia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Frankowski, Stanisław; Paul B. Stephan (1995). Legal reform in post-communist Europe. Martinus Nijhoff Publishers. p. 84. ISBN 0-7923-3218-0.
- ↑ 2,0 2,1 Walker, Edward (2003). Dissolution. Rowman & Littlefield. p. 63. ISBN 0-7425-2453-1.
- ↑ Talmon, Stefan (2001). Recognition of Governments in International Law. Oxford University Press. p. 103. ISBN 978-0-19-826573-3.
- ↑ Aust, Anthony (2005). Handbook of International Law. Cambridge University Press. pp. 26. ISBN 0-521-82349-8.
- ↑ Diplomats Without a Country: Baltic Diplomacy, International Law, and the Cold War by James T. McHugh, James S. Pacy, Page 2. ISBN 0-313-31878-6
- ↑ Miljan, Toivo (2004). Historical Dictionary of Estonia. Scarecrow Press. ISBN 0-8108-4904-6.
- ↑ Europa Publications Limited (1999). Eastern Europe and the Commonwealth of Independent States 1999. Taylor & Francis. p. 333. ISBN 1-85743-058-1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Estonia |