Deb Haaland
Debra Anne Haaland, nada o 2 de decembro de 1960, é unha política estadounidense do pobo keres que serve como o 54º secretaria de Interior dos Estados Unidos de América.[1] Membro do Partido Demócrata, foi presidenta do Partido en Novo México dende 2015 até 2017 e foi congresista polo 1º distrito de Novo México dende 2019 até 2021. É membro da tribo federalmente recoñecida como "Laguna Pueblo".
O distrito no Congreso de Haaland inclúe a maioría de Albuquerque e moitos dos seus suburbios. Xunto con Sharice Davids, é unha das dúas primeiras mulleres nativas americanas elixidas para o Congreso dos Estados Unidos. É unha política progresista que apoia o Green New Deal e "Medicare for All".[2][3]
O 17 de decembro de 2020, o presidente Joe Biden anunciou que nomearía a Haaland como Secretaria de Interior. O seu nomeamento foi confirmado polo Senado dos Estados Unidos de América o 15 de marzo de 2021, por 51 a prol e 40 en contra.[4] Logo do seu xuramento o 16 de marzo de 2021, converteuse na primeira nativa americana en servir como secretaria do gabinete e a segunda dentro desta institución, despois do republicano da nación kaw Charles Curtis.[5][6]
O 3 de novembro de 2026 gañou as eleccións a gobernadora de Novo México, converténdose así na primeira muller indíxena que ocupa esa posición política na historia dos Estados Unidos.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Secretary Deb Haaland". U.S. Department of the Interior. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2023.
- ↑ "Q&A: 1st Congressional District Candidate Debra Haaland". The Albuquerque Journal (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2020.
- ↑ Connolly, Griffin (18 de decembro de 2020). "AOC praises Biden's 'historic appointment' of first Native American to lead Interior Department". The Independent (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2020.
- ↑ King, Ledyard. "Deb Haaland makes history as first Native American Cabinet member after Senate confirmation". USA TODAY (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2021. Consultado o 16 de marzo de 2021.
- ↑ Lakhani, Nina (15 de marzo de 2021). "Deb Haaland confirmed as first Indigenous US cabinet secretary". The Guardian. Consultado o 16 de marzo de 2021.
- ↑ Chavez, Aliyah. "Deb Haaland swearing in details announced". Indian Country Today (en inglés). Consultado o 17 de marzo de 2021.
- ↑ Pérez, Lucía (2026-11-04). "Quién es Deb Haaland, la primera mujer indígena que gobernará un estado de EEUU: de secretaria del Interior de Biden a ganar Nuevo México". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 2026-11-04.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Deb Haaland |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía Arquivado 13 de setembro de 2023 en Wayback Machine. no Departamento de Interior dos Estados Unidos (en inglés)