Death on the Nile (filme de 2022)
| Death on the Nile | |||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||||||||
Death on the Nile é un filme británico-estadounidense de 2022 dirixido por Kenneth Branagh a partir dun guión Michael Green. Baséase na novela homónima de Agatha Christie. Foi producido por Branagh, Ridley Scott, Judy Hofflund e Kevin J. Walsh. O filme é unha secuela de Asasinato no Orient Express (2017), e está protagonizado por Tom Bateman, Annette Bening, Branagh, Russell Brand, Ali Fazal, Dawn French, Gal Gadot, Armie Hammer, Rose Leslie, Emma Mackey, Sophie Okonedo, Jennifer Saunders e Letitia Wright. Branagh e Bateman retoman os seus papeis do filme anterior, interpretando a Hercule Poirot e Bouc, respectivamente. Esta é a terceira adaptación da novela de Christie, despois do filme de 1978 e un episodio de televisión na serie Agatha Christie's Poirot emitida en 2004. A fotografía principal realizouse en setembro de 2019, a rodaxe produciuse en Longcross Studios, Inglaterra, e rematou en decembro dese ano.[1]
Death on the Nile estreouse internacionalmente en varios países o 9 de febreiro de 2022, e no Reino Unido e nos Estados o 11 de febreiro, despois de varios adiamentos por mor da pandemia de COVID-19. O filme recibiu valoracións dispares por parte da crítica, que o percibiu como inferior ás adaptacións anteriores mais apreciou o seu estilo. Recadou máis de 136,9 millóns de dólares sobre un orzamento de 90 millóns, converténdose no noveno filme con maior recadación de 2022 nos Estados Unidos.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Tom Bateman como Bouc
- Annette Bening como Euphemia
- Kenneth Branagh como Hercule Poirot
- Russell Brand como Linus Windlesham
- Ali Fazal como Andrew Katchadourian
- Dawn French como Mrs. Bowers
- Gal Gadot como Linnet "Linnie" Ridgeway-Doyle
- Armie Hammer como Simon Doyle
- Rose Leslie como Louise Bourget
- Emma Mackey como Jacqueline "Jackie" de Bellefort
- Sophie Okonedo como Salome Otterbourne[2]
- Jennifer Saunders como Marie Van Schuyler
- Letitia Wright como Rosalie "Rosie" Otterbourne[2]
- Susannah Fielding como Katherine
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Wiseman, Andreas (1 de outubro de 2019). "Fox & Kenneth Branagh's All-Star Agatha Christie Movie 'Death On The Nile' Begins Production In UK". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 2 de outubro de 2019. Consultado o 21 de outubro de 2019.
- 1 2 Disney.com (18 de agosto de 2020). ""Death on the Nile" to be released February 11, 2022". in70mm.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2022. Consultado o 29 de xaneiro de 2022.
- Filmes de 2022
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes do Reino Unido
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Kenneth Branagh
- Filmes baseados en obras de Agatha Christie
- Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes de TSG Entertainment
- Filmes de Scott Free Productions
- Filmes rodados en Surrey
- Filmes ambientados en Londres
- Filmes ambientados en Exipto
- Filmes ambientados en Bélxica
- Filmes ambientados en 1937
- Filmes ambientados en 1914
- Filmes adiados por mor da pandemia de COVID-19