Dear Catastrophe Waitress

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Dear Catastrophe Waitress
Álbum de Belle & Sebastian
Publicado6 de outubro de 2003
Gravaciónverán de 2003
Duración48:17
Xénero(s)baroque pop
Selo(s)Rough Trade Records
Producido porTrevor Horn
Cronoloxía
Storytelling
(2002)
Dear Catastrophe Waitress Push Barman to Open Old Wounds
(2005)

Dear Catastrophe Waitress é o sexto álbum de estudio da banda escocesa de indie pop Belle & Sebastian, publicado o 6 de outubro de 2003 a través do selo Rough Trade Records. Trevor Horn, antigo membro de The Buggles e produtor de grupos como Yes e Frankie Goes to Hollywood, supervisou a produción do álbum, dándolle un son máis pulido e pop, contrastando enormemente cos seus anteriores traballos cun son máis lo-fi e folk (aínda que cancións como "Lord Anthony" aíndamanteñen o seu vello son). En particular, a bailable "Stay Loose" demostrou ser a primeira dunha serie de cancións (como "Your Cover's Blown" e "Sukie in the Graveyard") que se afastaron das súas raíces.

"Stay Loose" foi editada para a radio o 24 de febreiro 2004.[1] O álbum foi nomeado ao Mercury Prize de 2004, e a canción "Step into My Office, Baby" entrou na lista curta para un premio Ivor Novello Award na categoría de mellor canción.

En 2007 Dear Catastrophe Waitress levaba vendidas 138 000 unidades nos Estados Unidos.[2]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "Step into My Office, Baby"   4:12
2. "Dear Catastrophe Waitress"   2:22
3. "If She Wants Me"   5:05
4. "Piazza, New York Catcher"   3:03
5. "Asleep on a Sunbeam"   3:22
6. "I'm a Cuckoo"   5:26
7. "You Don't Send Me"   3:08
8. "Wrapped Up in Books"   3:34
9. "Lord Anthony"   4:14
10. "If You Find Yourself Caught in Love"   4:15
11. "Roy Walker"   2:57
12. "Stay Loose"   6:41
48:17

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "FMQB: Radio Industry News, Music Industry Updates, Arbitron Ratings, Music News and more!". web.archive.org. 2013-03-22. Consultado o 2019-12-19. 
  2. Plagenhoef, Scott (2007). Belle & Sebastian's If You're Feeling Sinister. Bloomsbury. p. 40. ISBN 9781441194909