Saltar ao contido

Dead Letter Office

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dead Letter Office
R.E.M. Editar o valor en Wikidata
 Título
   Dead Letter Office (en) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
 Lista de cancións
Características
 Caracterizado por
 Xénero artístico
 Forma artística
 Formato de distribución
 Lingua
Implicados
 Interpretado por
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
27 de abril de 1987 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
Códigos e identificadores
Freebase/m/038dh6 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Spotify: 3t94dP2atgCwnesduDWjdY Discogs: 14780 Allmusic: mw0000191496 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Dead Letter Office é unha colección de rarezas e caras b da banda estadounidense de rock alternativo R.E.M., publicado o 27 de abril de 1987 a través do selo I.R.S. Records. O álbum é esencialmente unha colección de moitas gravacións adicionais de R.E.M. feitas desde antes de Murmur ata Lifes Rich Pageant, que foron descartes ou lanzáronse como caras b dos seus sinxelos a nivel internacional. Moitas das cancións son versións de bandas que influenciaron a R.E.M., como tres temas de The Velvet Underground, e cancións de Aerosmith ("Toys in the Attic"), Roger Miller ("King of the Road"), e do grupo tamén de Athens Pylon ("Crazy").[1]

O guitarrista Peter Buck escribiu notas irónicas e autocríticas (e, nun caso, desculpas) na notas para as cancións no libreto do álbum. Buck inicialmente tivo dúbidas sobre o seu lanzamento, dicindo que sentía como que a xente percibiría o álbum como da banda "que intenta sacar proveito, quizais vender algúns discos", xa que a data de lanzamento final era anterior á do último álbum de estudio da banda con I.R.S., Document, en apenas catro meses.[2]

O álbum foi publicado inicialmente como unha colección de 15 cancións en vinilo e casete, pero cando apareceu a súa edición en CD engadíronse os cinco temas do EP Chronic Town de 1982. Este foi o único CD dispoñible de Chronic Town ata o lanzamento da caixa de The Originals.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Bill Berry, Peter Buck, Mike Mills e Michael Stipe, agás onde se indique. 

Post side
N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Crazy" (cara b dos sinxelos "Driver 8" e "Wendell Gee")Randy Bewley, Vanessa Briscoe, Curtis Crowe, Michael Lachowski 3:03
2. "There She Goes Again" (cara b de "Radio Free Europe")Lou Reed 2:50
3. "Burning Down" (cara b de "Wendell Gee")  4:12
4. "Voice of Harold" (cara b de "So. Central Rain")  4:24
5. "Burning Hell" (cara b de "Cant Get There from Here")  3:49
6. "White Tornado" (cara b de "Superman")  1:55
7. "Toys in the Attic" (cara b de "Fall on Me")Steven Tyler, Joe Perry 2:28
Script side
N.º TítuloEscritor(es) Duración
8. "Windout" (da banda sonora de Bachelor Party)Jeremy Ayers, Berry, Buck, Mills, Stipe 1:58
9. "Ages of You" (cara b de "Wendell Gee")  3:42
10. "Pale Blue Eyes" (cara b de "So. Central Rain")Reed 2:53
11. "Rotary Ten" (cara b de "Fall on Me")  2:00
12. "Bandwagon" (cara b de "Cant Get There from Here")Berry, Buck, Mills, Lynda Stipe, M. Stipe 2:16
13. "Femme Fatale" (cara b de "Superman")  2:49
14. "Walters Theme" (cara b de "So. Central Rain")  1:32
15. "King of the Road" (cara b de "So. Central Rain")Roger Miller 3:13
  1. "Dead Letter Office - R.E.M.". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-08-10.
  2. Reveal: The Story of R.E.M., Johnny Black, 2004