La Cuadra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "De la Cuadra")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Compañía General Española de Coches Automóviles Emilio de la Cuadra
La Cuadra electric car circa 1899.png
TipoSociedade en comandita
Fundación1898 - 1901
LocalizaciónBarcelona Flag of Spain.svg
Persoas claveEmilio de la Cuadra
IndustriaTransporte
editar datos en Wikidata ]

A Compañía General Española de Coches Automóviles Emilio de la Cuadra, mellor coñecido como La Quadra ou De la Cuadra foi a primeira marca de automóbiles española, activa de 1898 a 1901. Toma o seu nome do militar valenciano, capitán de cabalaría Emilio de la Cuadra y Albiol, quen a fundou en setembro de 1898 en Barcelona. O seu propósito era o comercio dos vehículos producidos por Benz & Cie e, tamén, construír os seus propios coches a propulsión eléctrica, ámbito no cal tiñan experiencia tanto el mesmo, que fora posuidor dunha central eléctrica, coma o seu socio, o fabricante de acumuladores e enxeñeiro suízo Carlos Vellino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os vehículos eléctricos[editar | editar a fonte]

Coche eléctrico La Cuadra (1899.)

Os vehículos fabricados nun inicio, un microbús e talvez un turismo e/ou un camión, eran moi pesados, ao redor das 7 toneladas, e pecaban dunha autonomía moi escasa, menos de 5 quilómetros. Para solucionar este grave problema, intentouse a fórmula de montar un motor de explosión que alimentaba un grupo electróxeno que recargaba as baterías durante a marcha. Este híbrido de 1899, aínda máis pesado, tampouco deu resultado, así que finalmente se optou por construír directamente un auto con motor de explosión deseñado polo técnico Marc Birkigt, viña a Barcelona desde a súa cidade natal de Xenebra en busca de emprego e estaba destinado a converterse nun dos deseñadores máis talentosos na historia do automóbil, e co-fundador da Hispano Suiza, entrou na empresa recomendado por Vellino, ambos os dous de orixe suíza.

En agosto de 1900, o ómnibus eléctrico que fora encargado polo barcelonés hotel Oriente foi completado e presentado á prensa nunha demostración pública, resultou desastrosa. O fallo provocou a dimisión de Vellino que foi substituído na dirección técnica por Birkigt. Tras o rotundo fracaso os ensaios de vehículos eléctricos foron definitivamente abandonados.

Ómnibus de La Cuadra de 1900.

Os autos con motor de explosión[editar | editar a fonte]

O primeiro La Cuadra con motor de explosión monocilíndrico de 4´5 CV. materializouse xa a finais do 1899. Por entón, a casa lograra a representación dos autos Benz. Birkigt estudara a fondo os motores de Benz & Cie, e adquiriu os coñecementos técnicos básicos sobre o motor de combustión interna e fixo o seu plan para ese tipo de motores, presentándoo a De la Cuadra que lle autorizou á fase piloto. Logo da construción dalgúns prototipos, estivo preparado a finais de 1900, púxose en circulación un segundo tipo con motor de gasolina, cun motor de 2 cilindros e 7,5 CV (1105 c.c.) ó cal se denominou Centauro. O bo manexo e funcionamento destes autos de gasolina animaron á empresa a iniciar unha primeira tirada de 6 unidades e realizar diversas accións de promoción para colocalas. Vellino, tras o decepcionante resultado dos seus acumuladores, deixou a empresa en 1900, manténdose en mans de La Cuadra e máis de Domingo Tamaro.

Aínda que eran coches realmente interesantes e se conseguiu vender algún deles, a investigación previa con motores eléctricos comprometera severamente a economía da empresa. Emilio De la Cuadra, investira toda a súa fortuna e contraeu grandes débedas cos provedores, tanto que a folga xeral española de maio de 1901 e a que a venda dos Benz, difíciles de manexar, tampouco fora un gran negocio, foi suficiente para romper o fráxil equilibrio financeiro da empresa, O empresario viuse obrigado a suspender os pagos e pedir o reingreso no exército, deixando á empresa en mans dos acredores.

A empresa foi adquirida polo acredor principal, o empresario de orixe luguesa José Castro, que continuaría a actividade dándolle vida á nova compañía automobilística J. Castro, ós coches marca Castro deron orixe á lendaria Hispano-Suiza.

Nese momento, dos seis coches previstos, cinco estaban en fase de ensamblaxe finalmente, seica se terminaron 4 ou incluso 5 exemplares de gasolina, dos cales perdura un exemplar con motor 2 cilindros. É o auto español máis antigo existente e consérvase no Museo do Antic Car de Catalunya.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]