De Havilland Venom (caza nocturno)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
DHVenom.jpg

A versión de caza nocturno do De Havilland Venom foi un desenvolvemento do modelo de cazabombardeiro do mesmo, cun segundo asento para o radarista, nunha proa ensanchada e dotada dun bulbo que alberga a antena do radar. Os 180 exemplares producidos serviron en sete escuadróns da RAF como substitutos dos Vampire e Meteor.

O Venom NF.Mk 2 entrou en servizo en 1953 no 23º Escuadrón, seguido en xuño do 1955 polo NF.Mk 3, cun radar mellorado, timóns de dirección servoasistidos e cuberta dunha peza. O derradeiro exemplar foi retirado do Mando de Caza no 1958, substituído polo Javelin. Algúns aparellos empregáronse para probar o mísil Firestreak.

Especificacións[editar | editar a fonte]

  • Tipo: Caza nocturno bipraza De Havilland Venom NF.Mk 3
  • Construtor: De Havilland
  • Ano: 1950
  • Principal usuario: Royal Air Force
  • Envergadura: 12,69 m.
  • Lonxitude: 11,17 m.
  • Altura: 1,88 m.
  • Área alar: 25,9 m².
  • Planta motriz: 1 De Havilland Ghost 104 de 4.950 libras de empuxe unitario.
  • Armamento: 4 canóns de 20 mm a proa.
  • Velocidade máxima: 630 millas/h
  • Alcance operacional: 1.000 millas