Days of Future Passed
Days of Future Passed | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Moody Blues | ||||
Publicado | 10 de novembro de 1967 (RU) 11 de novembro de 1967 (EEUU) | |||
Gravación | 9 de maio - 3 de novembro de 1967 | |||
Estudio(s) | Decca Studios, West Hampstead, Londres | |||
Duración | 41:34 | |||
Xénero(s) | art rock, rock progresivo, rock pricodélico, progresivo sinfónico, rock sinfónico | |||
Selo(s) | Deram Records | |||
Produtor | Tony Clarke, Michael Dacre-Barclay, Hugh Mendl | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Days of Future Passed é o segundo álbum de estudio da banda inglesa de rock progresivo The Moody Blues, publicado o 10 de novembro de 1967 a través do selo Deram Records.[1] Coa súa fusión deelementos orquestrais e de rock, foi citado como un dos primeiros exemplos de rock progresivo.
O álbum gravouse nun tempo no que The Moody Blues estaba pasando por dificultades económicas e carecía de éxito da crítica e comercial. O seu selo principal, Decca Records, ofreceulle a oportunidade de gravar un álbum en estéreo que combinase a súa música con interludio orquestrais. A banda decidiu compoñer un conxunto de cancións sobre a vida do home cotián, co grupo e a orquestra tocando principalmente por separado e mesturandose xuntos despois. O disco tivo un éxito moderado tras o seu lanzamento, pero despois da súa aparición na radio, particularmente o seu exitoso sinxelo "Nights in White Satin", chegou ao top 10 estadounidense en 1972. Dende entón foi listado entre os álbums máis importantes de 1967 pola Rolling Stone.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todas as composición acreditadas orixinalmente a "Redwave-Knight", agás "Dawn Is a Feeling", "Forever Afternoon (Tuesday)", "The Sunset" e "Nights in White Satin".
Cara 1 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Escritor(es) | Cantante principal | Duración | |||||
1. | "The Day Begins"
| Peter Knight e Graeme Edge
| Mike Pinder
|
5:50
|
|||||
2. | "Dawn: Dawn Is a Feeling" | Pinder | Justin Hayward e Pinder | 3:48 | |||||
3. | "The Morning: Another Morning" | Ray Thomas | Thomas | 3:55 | |||||
4. | "Lunch Break: Peak Hour" | John Lodge | Lodge | 5:33 |
Cara 2 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Cantante principal | Duración | ||||||
1. | "The Afternoon" | Hayward e Lodge
|
8:23
|
||||||
2. | "Evening"
| Pinder e Thomas
|
6:40
|
||||||
3. | "The Night"
| Hayward e Pinder
|
7:24
|
Nota: "(Evening) Time to Get Away" non está listada na edición orixinal, pero dende entón aparece en todas as listaxes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Robert Christgau: The 40 Essential Albums of 1967". www.robertchristgau.com. Consultado o 2022-12-13.