Dawn Fraser

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dawn Fraser
Dawn Fraser 1960b.jpg
Nome completoDawn Lorraine Fraser
Nacemento4 de setembro de 1937
Lugar de nacementoBalmain
NacionalidadeAustralia
Ocupaciónnadador, autobiógrafa e política
PremiosSport Australia Hall of Fame, membro da Orde do Imperio Británico, Medalha Australiana dos Desportos, International Swimming Hall of Fame, Victorian Honour Roll of Women, Australian of the Year, Australian National Living Treasure, Companion of the Order of Australia, Officer of the Order of Australia e Associated Press Athlete of the Year
Na rede
http://www.dawnfraser.com.au/index.htm
IMDB: nm1273999 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Dawn Fraser, nada en Sydney o 4 de setembro de 1937, é unha nadadora e política australiana, campioa olímpica na mesma proba (100 metros libres) en tres Xogos Olímpicos.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Fraser naceu no suburbio de Balmain, Nova Gales do Sur, no seo dunha familia pobre de clase traballadora, a máis nova de oito irmáns.[2] O seu pai, Kenneth Fraser, era de Embo, Escocia.[3] Foi descuberta aos catorce anos polo adestrador de Sydney, Harry Gallagher, nadando nos baños mariños locais.

Carreira deportiva[editar | editar a fonte]

Fraser gañou oito medallas olímpicas (catro delas de ouro) e seis medallas de ouro nos Xogos da Commonwealth. Mantivo o récord dos 100 metros estilo libre durante 15 anos, desde o 1 de decembro de 1956 ata o 8 de xaneiro de 1972. Foi a primeira dos só catro nadadores da historia olímpica (os demais foron Krisztina Egerszegi, Michael Phelps e Katie Ledecky) que gañou medallas de ouro individuais na mesma proba en tres Xogos Olímpicos sucesivos (100 metros estilo libre en 1956, 1960, 1964).

En outubro de 1962, converteuse na primeira muller que nadou os 100 metros estilo libre en menos dun minuto.[4] Non foi ata 1972, oito anos despois de que Fraser se retirase, cando se bateu a súa marca de 58,9 segundos.[5]

Varias semanas antes dos Xogos Olímpicos de 1964, Fraser resultou ferida nun accidente de tráfico que provocou a morte da súa nai Rose. A súa irmá e un amigo tamén viaxaban no coche de Fraser cando se estrelou, mais sobreviviron.[6] Esta foi unha nova traxedia para Fraser e a súa familia despois da morte do seu irmán máis vello por leucemia en 1950, e a do seu pai despois dunha longa batalla contra o cancro en 1960.

Controversia[editar | editar a fonte]

Durante os Xogos Olímpicos de 1964 en Toquio, Fraser enfureceu os patrocinadores do equipo de natación e a Unión Australiana de Natación (ASU) ao marchar na cerimonia de apertura en contra dos seus desexos, e vestindo un traxe de baño máis vello na competición, xa que o atopaba máis cómodo que o que lle proporcionaron os patrocinadores. Tamén foi acusada de roubar unha bandeira olímpica dunha hasta do exterior do palacio do emperador Hirohito, o Kōkyo. Foi detida mais liberada sen cargos. Ao final entregáronlle a bandeira como recordo.[7] Máis tarde, ela negou que nadase polo foso para roubar a bandeira, e dixo a The Times en 1991: "Non hai maneira de que nadase por ese foso. Tiña medo da auga sucia e ese foso estaba sucio. Non habería forma de que metese unha deda alí".[8][9] A Asociación Australiana de Natación Afeccionada prohibiu a Fraser competir en natación durante dez anos.[10]

En 1997, Fraser dixo na ABC:

Quero dicir que me gustaría poder ser tan franca, supoño, como Pauline Hanson e dicir: "Mira, estou farta e cansa dos inmigrantes que están chegando ao meu país".[11]

Tamén manifestou o seu interese en unirse ao One Nation Party de Hanson.[12]

En 2015, durante unha entrevista no programa Today, Fraser foi preguntada sobre o comportamento recente de Nick Kyrgios en Wimbledon e os comentarios de Bernard Tomic sobre Tennis Australia, o que provocou que Tomic fose apartado do equipo da Copa Davis. Fraser dixo:

Deberían ser un mellor exemplo para a xeración máis nova deste país... Se non lles gusta, que volvan a onde eran os seus pais.[13]

Kyrgios é de ascendencia malaia e grega, mentres que Tomic é de orixe croata. Kyrgios respondeu describíndoa como unha "racista flagrante" e os comentarios de Fraser foron criticados polo Comisario de Discriminación Racial de Australia, Tim Soutphommasane.[14][15][16][17] Fraser pediu desculpas "sen reservas" polos seus comentarios.[14]

Despois da natación[editar | editar a fonte]

Fraser converteuse en cantineira do Riverview Hotel de Balmain, e comezou a adestrar nadadores. En 1988, foi elixida como independente na Asemblea Lexislativa de Nova Gales do Sur por Balmain. Ese distrito electoral foi suprimido en 1991, e despois de que non conseguise obter o novo escano de Port Jackson, retirouse da política.[1][18] Fraser é seareira e membro da directiva do club da NRL Wests Tigers.[19]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Fraser casou con Gary Ware o 30 de xaneiro de 1965 na igrexa de St Stephens, Macquarie Street, Sydney.[20] O matrimonio durou pouco. Tivo unha filla nese matrimonio. Trasladouse a vivir a Noosa na Sunshine Coast de Queensland por ter un clima máis cálido e subtropical por mor da severa asma de Fraser.[21][22]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Dawn Fraser Arquivado 17 de setembro de 2013 en Wayback Machine.. sports-reference.com
  2. Boyer Sagert, Kelley; Overman, Steven J. (2012). Icons of Women's Sport. Santa Barbara: ABC-CLIO. pp. 137–152. ISBN 978-0-313-38549-0. Consultado o 8 de xullo de 2015. 
  3. McMorran, Caroline (20 de agosto de 2012). "Olympic swim star makes surprise visit". The Northern Times. Arquivado dende o orixinal o 9 de xullo de 2015. Consultado o 8 de xullo de 2015. 
  4. Clarkson, Alan (28 October 1962). "Champion's world time in 110 yds". The Sun-Herald. p. 67. 
  5. "Swim contest a spectacular of records". The Sun-Herald (AAP, Reuters). 2 de maio de 1971. p. 107. 
  6. "I killed my mother". The Sydney Morning Herald. 9 August 2004. Consultado o 4 de xaneiro de 2018. 
  7. "Dawn Fraser: still kicking". Sunday Profile, ABC. 15 de abril de 2007. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2017. Consultado o 4 de novembro de 2015. 
  8. Orixinal en inglés: "There's no way I would have swum that moat. I was terrified of dirty water and that moat was filthy. There's no way I'd have dipped my toe in it."
  9. Lord, Craig. "DAWN FRASER". The Times (en inglés). ISSN 0140-0460. Consultado o 2021-01-26. 
  10. "Swim ban on four Games girls". Canberra Times. 2 de marzo de 1965. 
  11. Orixinal en inglés: "I mean I wish I could be as outspoken, I suppose, as Pauline Hanson and say, 'look, I'm sick and tired of the immigrants that are coming into my country.'"
  12. Corderoy, Amy (7 July 2015). "From Olympic bans to One Nation: Dawn Fraser no stranger to controversy". The Sydney Morning Herald (en inglés). Consultado o 30 de xullo de 2020. 
  13. Orixinal en inglés: "They should be setting a better example for the younger generation of this country ... If they don’t like it, go back to where their fathers or their parents came from"
  14. 14,0 14,1 "Dawn Fraser sorry for 'racist' outburst on Nick Kyrgios and Bernard Tomic". The Guardian. 7 de xullo de 2015. Consultado o 13 de agosto de 2016. 
  15. Hinds, Alex; agencies (7 de xullo de 2015). "Dawn Fraser tells Kyrgios and Tomic to 'go back where their parents came from'". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 30 de xullo de 2020. 
  16. "Dawn Fraser attacks Nick Kyrgios after Wimbledon 2015 loss". NewsComAu. 7 de xullo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 7 de xullo de 2015. Consultado o 8 de xullo de 2015. 
  17. Holland, Angus (7 de xullo de 2015). "Dawn Fraser's comments about Kyrgios and Tomic were racist, say experts". The Sydney Morning Herald. Consultado o 13 de agosto de 2016. 
  18. "Ms Dawn Fraser (1937– )". Former Members of the Parliament of New South Wales (en inglés). Consultado o 13 de maio de 2019. 
  19. The Australian
  20. Hickson, Jack (30 de xaneiro de 1965). "Dawn Fraser's wedding to Gary Ware, St. Stephen's Church, Sydney". acms.sl.nsw.gov.au. State Library of NSW. Consultado o 21 de decembro de 2014. 
  21. Fraser, Dawn (15 de abril de 2007). Dawn Fraser: still kicking. Sunday Profile www.abc.net.a. Entrevista con Attard, Monica (Australian Broadcasting Corporation). Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2017. Consultado o 21 de decembro de 2014. 
  22. Hardy, Karen (15 de decembro de 2013). "Dawn Fraser still smiling". The Sydney Morining Herald (Fairfax Media). Consultado o 21 de decembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]