David Rodríguez Estévez
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
David Rodríguez Estévez | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1978 |
Manzaneda | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
David Rodríguez Estévez, nado en Manzaneda en 1978, é un músico e político galego de En Marea.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Operario do servizo de prevención e extinción de incendios, empezou a militar en Galiza Nova aos 18 anos, ao mesmo tempo que entraba na banda Cuchufellos. Formou parte das lista do BNG en 2007 como número dous, e chegou á alcaldía en 2009 ao substituír o anterior alcalde, de baixa por enfermidade, co apoio do PSdeG-PSOE. En 2011 encabezou a lista electoral nacionalista e obtivo a maioría absoluta dos concelleiros.
Nas eleccións municipais do 2015 presentouse por Anova e volveu obter a alcaldía.[1][2] Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixido deputado por En Marea.
Notas[editar | editar a fonte]
Predecesor: Xosé Antonio Núñez Domínguez |
![]() Alcalde de Manzaneda 2009 – 2016 |
Sucesor: Félix Domínguez Cortiñas |