David Pobra
David Pobra | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 14 de febreiro de 1981 |
Lugar de nacemento | A Pobra do Caramiñal |
Nacionalidade | España |
Ocupación | mestre |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
David Pérez González, nado na Pobra do Caramiñal o 14 de febreiro de 1981, é un escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Filoloxía galega e Filoloxía hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, e cun Diploma de Estudos Avanzados no departamento de Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Na actualidade exerce como profesor de lingua e literatura no ensino secundario. Exerceu tamén como lector de lingua galega na Universidade de Granada. Traballou eventualmente en diversas montaxes de teatro. Publicou artigos xornalísticos e recensións críticas en Vieiros e Grial. Formou parte do consello de redacción da revista Dorna, e foi membro da editorial alternativa Estaleiro Editora.
Obras[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Poesía primeira de amor desamor e arrefriado, 2009, Xunta de Galicia.
Narrativa[editar | editar a fonte]
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Contos en Viana, 2003, Xunta de Galicia e Concello da Pobra.
- Letra en Obras, 2011, Letra en Obras. Edición de libre descarga en internet.
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega, libro electrónico.
Premios[editar | editar a fonte]
- Gañador no Certame GZ Crea de poesía no 2008, por Poesía primeira de amor desamor e arrefriado.
- Gañador do Certame Xuventude Crea de poesía no 2009, por Poesía segunda de amor desamor e sinusite.
- Gañador do Certame de novela curta Cidade Centenaria de Ribeira no 2013, por Liña azul.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- David Pobra na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.