David Pérez Puga
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de outubro de 1922 Maside, España |
| Morte | 2 de maio de 1982 Madrid, España |
| 11 de novembro de 1971 – 30 de xuño de 1977 Lexislatura: X lexislatura das Cortes franquistas | |
| 6 de novembro de 1967 – 2 de outubro de 1970 – Ramon Pita Da Veiga y Sanz (en) Lexislatura: IX lexislatura das Cortes franquistas | |
| 20 de decembro de 1965 – 15 de novembro de 1967 ← Francisco Lapiedra de Federico (en) Lexislatura: VIII lexislatura das Cortes franquistas | |
| | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | político, avogado |
| Premios | |
David Pérez Puga, nado en Armeses (Maside) o 8 de outubro de 1922 e finado en Madrid o 2 de maio de 1982, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou o bacharelato en Vigo e Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como letrado asesor e vicesecretario provincial de ordenación social na Delegación de Sindicatos de Vigo. Presidiu a Sociedade para o Desenvolvemento Industrial de Galicia (SODIGA) e foi director xeral de Comercio Interior (1970-1973). Foi nomeado procurador en Cortes pola Organización Sindical Española en varias lexislaturas e elixido en representación do terzo familiar pola provincia de Pontevedra (1971-1977).[1] Foi Tenente de Alcalde do concello de Vigo.
Na transición foi un dos promotores do Partido Gallego Independiente, fundado en xaneiro de 1977 e considerado a plataforma de Adolfo Suárez en Galicia. Foi senador electo por Pontevedra na lexislatura constituínte e na I lexislatura (1977-1982) por UCD e membro da Comisión dos nove. Recibiu a Gran Cruz do Mérito Civil.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 30-9-1971, p. 1.