David Pérez Pallas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «David Pérez Pallás»)
David Pérez Pallas
Nacemento24 de agosto de 1987
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspañola
OcupaciónÁrbitro de fútbol
editar datos en Wikidata ]

David Pérez Pallas, nado en Vigo o 24 de agosto de 1987, é un árbitro de fútbol galego da Segunda División Española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa relación co fútbol comezou ao xogar no CD Valladares xa de neno, pero abanonou a práctica competitiva na mocidade, para prepararse como árbitro. Afiliado ao colexio galego[1], no ano 2010 ascendeu a Segunda División "B" e só dous anos máis tarde, en 2012, ascendeu a Segunda División, categoría na que segue arbitrando na temporada 2016-2017. O primeiro partido que arbitrou nesa categoría foi o CD Guadalajara - Girona FC. Nesta data aínda non disputara partidos internacionais.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Estuda Telecomunicacións na Universidade de Vigo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pérez Pallas:David Pérez Pallas - Árbitro". www.bdfutbol.com. Consultado o 22 de agosto de 2016.