David Neuhaus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David Neuhaus
דוד נויהאוז
Sacerdote da Igrexa católica latina
Biografía
Nacemento25 de abril de 1962 en Xohanesburgo
Ordes
Ordenación sacerdotal8 de setembro de 2000, por Mixail Saba
Vigairo patriarcal de Santiago para os católicos de lingua hebrea
2009 - 2017
PredecesorPierbattista Pizzaballa
SucesorRafic Nahra

David Mark Neuhaus (en hebreo: דוד נויהאוז), nado o 25 de abril de 1962 en Xohanesburgo, é un xesuíta israelí e vigairo patriarcal para os católicos de lingua hebrea do patriarcado latino de Xerusalén entre 2009 e 2017.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de xudeus alemáns, naceu o 25 de abril de 1962 en Xohanesburgo (Suráfrica). Aos 15 anos trasladouse a Israel. Educado no xudaísmo, con 26 anos se converteu ao catolicismo. Estudou Ciencias políticas na Universidade Hebrea de Xerusalén.

En 1992 ingresou na Compañía de Xesús, facendo os votos perpetuos o 20 de agosto de 1994. Cursou estudos de Filosofía e Teoloxía no Centro Sèvres de París e no Pontificio Instituto Bíblico de Roma, e o 8 de setembro de 2000 foi ordenado sacerdote polo patriarca Mixail Saba.

O 15 de marzo de 2009 foi nomeado por Fuad Tual vigairo patriarcal para os católicos de lingua hebrea, cargo que exerceu até 2017.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Justice and the Intifada: Palestinians and Israelis Speak Out [A xustiza e a intifada: palestinos e israelís falan] (en inglés). Xunto con Kathy Bergen e Ghassan Rubeiz. Friendship Press. 1991. ISBN 9780377002371. 
  • Kritische Solidarität: einige Überlegungen zur Rolle privilegierter Christinnen und Christen im Kampf der Enteigneten [Solidariedade crítica: algunhas reflexións sobre o papel dos cristiáns privilexiados na loita dos desposuídos] (en alemán). Kulturverein Aphorisma. 1995. ISBN 9783865751041. 
  • اليهودية نشأت بيننا: مدخل إلى اليهودية موجه إلى المسيحيين العرب [O xudaísmo xurdiu entre nós: unha introdución ao xudaísmo para cristiáns árabes] (en árabe). Dar al-Maxriq. 2019. ISBN 9782721455819. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Pierbattista Pizzaballa
 Vigairo patriarcal de Santiago para os católicos de lingua hebrea 
2009 - 2017
Sucesor:
Rafic Nahra