David Monreal Izquierdo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
David Monreal
Información persoal
Nome completo David Monreal Izquierdo
Nacemento 5 de novembro de 1973 (48 anos)
Lugar Ourense, España
Posición Talonador
Carreira sénior
Anos Equipos
1991-2006 R.C. L'Hospitalet
2010-2014 Vigo R.C.
2014-???? Ourense R.C.
Selección nacional
2002-2004 España 16 caps

David Monreal Izquierdo, nado o 5 de novembro de 1973 en Ourense, é un ex xogador de rugby internacional 16 veces coa selección española, entre 2002 e 2004. Tamén xogou con España Sub23 e España A, coa selección de Cataluña de 1994-2005 manténdose campión de España e sendo capitán varias tempadas. A súa posición no campo era a de talonador, no centro da primeira liña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Criado en L'Hospitalet de Llobregat, comezou a xogar ó rugby con nove anos no seu colexio de Bellvitge. A súa carreira como xogador transcorreu no Rugby Club L'Hospitalet entre os 17 e os 32 anos de idade. Nos seus mellores anos o club ascendeu á División de Honra (tempada 2001/02) por primeira vez na historia e acadou a permanencia (tempada 2002/03) descendendo ó ano seguinte (tempada 2003/04). Monreal debutou coa selección española en 2002 e foi internacional 16 veces até 2004.

A comezos de 2006 mudou a súa residencia a Nova Zelandia,e comezou a adestrar a un equipo de Christchurch, xogando unha tempada para Burnside. En 2010 foi fichado como adestrador/xogador do Vigo Rugby Club que competía na División de Honra B, acadando o ascenso na súa primeira tempada. Era a primeira vez que un equipo galego ascendía á máxima categoría do rugby nacional. Con Monreal o club acadou a permanencia tres anos seguidos, até que en 2014 deixou Vigo polo seu Ourense natal para adestrar ó Ourense Rugby Club da liga rexional. Na primeira tempada Monreal acadou o campionato da liga galega, e na segunda tempada repetiu, acadando ademais o obxectivo do ascenso, facendo que o equipo da cidade das burgas competise por vez primeira na segunda división nacional, a División de Honra B.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]