David Malouf
(2019) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 20 de marzo de 1934 Brisbane |
| Morte | 22 de abril de 2026 Gold Coast |
| Educación | Universidade de Queensland - grao en Artes (–1955) Brisbane Grammar School |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Literatura |
| Ocupación | escritor, libretista, dramaturgo, poeta, novelista, escritor de contos |
| Empregador | Universidade de Sydney |
| Membro de | |
| Premios | |
| |
David Malouf, nado en Brisbane o 20 de marzo de 1934 e finado o 22 de abril de 2026,[1] foi un escritor australiano que cultivou principalmente a novela, aínda que tamén ten contos, poemarios, ensaios, libretos e obras de teatro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Malouf era fillo dun pai libanés cristián e unha nai inglesa xudía de ascendencia sefardí-portuguesa.[2]
Graduouse na Universidade de Queensland en 1955. Viviu en Inglaterra; Toscana, Italia; e Sydney, onde deu clases na universidade do mesmo nome.
A súa obra trata de temas da historia, a sociedade e as paisaxes de Australia.
Os primeiros libros que publicou foron poemarios, pero empezou a ser coñecido despois da súa primeira novela, Johnno (1975), un relato semiautobiográfico dun mozo que creceu en Brisbane durante a segunda guerra mundial. An Imaginary Life (1978) "consagrouno definitivamente como unha das voces de referencia do continente".[3]
En 2008 foi elixido membro da Royal Society of Literature.
Malouf era abertamente gai e residía en Italia dende 1977.[4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ""Acclaimed writer David Malouf dies aged 92"". The Age. 23 de abril de 2026. Consultado o 23 de abril de 2026.
- ↑ Winston Manrique Sabogal. El secreto de Aquiles, El País, 15.05.2012; acceso 17.05.2012
- ↑ Biografía en la página de la editorial Libros del Asteroide Arquivado 26 de xullo de 2018 en Wayback Machine.; acceso 17.05.2012
- ↑ Xavier Pons. Homoerotiscim in David Malouf's Fiction Arquivado 26 de xullo de 2018 en Wayback Machine., 2009, en inglés; acceso 09.08.2013
- ↑ "Malouf en The 25 Most Influential Gay and Lesbians Australians". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2013. Consultado o 26 de xullo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Giffuni, Cathe. "The Prose of David Malouf", Australian & New Zealand Studies in Canada, No. 7 de xuño de 1992.