David Koechner
David Koechner | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 24 de agosto de 1962 |
Lugar | Condado de Moniteau |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educado en | Universidade do Missouri e Benedictine College |
Profesión | humorista, actor de televisión, guionista, actor de cinema, actor de dobraxe, cantante e músico |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
David Michael Koechner, nado o 24 de agosto de 1962,[1] é un cómico e actor estadounidense. É coñecido polos seus papeis como Champ Kind nos filmes de Anchorman e como Todd Packer na serie de NBC The Office.
Koechner comezou na interpretación cando estudou comedia improvisada en Chicago en ImprovOlympic, baixo a dirección de Del Close, antes de unirse a Second City Northwest. Koechner trasladouse a Nova York en 1995, facendo numerosos números de comedia como parte de Saturday Night Live (1995–1996) e como cómico regular en Late Night with Conan O'Brien a mediados da década de 1990. En 1997, Koechner trasladouse ós Ánxeles e comezou a traballar de maneira continua en filmes e comedias de televisión, facendo as súas primeiras aparicións en filmes como Wag the Dog, Austin Powers: A espía que me achouchou e Man on the Moon.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "The Face You Know: An Interview with Anchorman's David Koechner". Paste Magazine. Consultado o 9 de setembro de 2013.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: David Koechner ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- David Koechner na IMDb (en inglés).