David González Ballesteros
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 22 de xuño de 2002 Burgos |
| Actividade | |
| Ocupación | futbolista |
| Nacionalidade deportiva | España |
| Deporte | fútbol |
David González Ballesteros, nado en Burgos o 22 de xuño de 2002, é un futbolista español que xoga de centrocampista no Burgos CF, da Segunda División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse como futbolista nas canteiras do Burgos CF, o Numancia e o Real Madrid.[1] O 24 de abril de 2021 debutou co Real Madrid Castilla na Segunda División B, nun partido diante do Extremadura UD.
Para a tempada 2021/22 foi ascendido definitivamente ao Castilla, na nova Primeira División RFEF,[2] e chegou a participar da pretempada do primeiro equipo do Real Madrid, ás ordes de Carlo Ancelotti.[3] Con todo, apenas dispuxo de minutos no filial e para a tempada 2022/23 foi cedido ao Numancia.[4] Axiña se fixo coa titularidade no equipo soriano, ata que unha grave lesión de xeonllo en novembro de 2022 acabou coa súa tempada.[5]
En xullo de 2024 regresou ao seu primeiro club, o Burgos, co que asinou un contrato de tres anos.[6] Debutou na Segunda División o 18 de agosto, substituíndo a Álex Sancris nunha vitoria por 3-1 na casa contra o FC Cartagena.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "David González cambia el CD Numancia por el Real Madrid" (en castelán). 21 de xuño de 2019. Consultado o 25 de agosto de 2025.
- ↑ "David González renueva y apunta al Castilla" (en castelán). 2 de xuño de 2021. Consultado o 25 de agosto de 2025.
- ↑ "El quién es quién de los canteranos en la pretemporada del Real Madrid" (en castelán). 8 de xullo de 2021. Consultado o 25 de agosto de 2025.
- ↑ "DAVID GONZÁLEZ, NUEVO JUGADOR DEL C.D. NUMANCIA" (en castelán). 26 de xullo de 2022. Consultado o 25 de agosto de 2025.
- ↑ "David González tiene roto el cruzado y dice adiós a la temporada" (en castelán). 28 novembro de 2022. Consultado o 25 de agosto de 2025.
- ↑ "David González vuelve a casa" (en castelán). 16 de xullo de 2024. Consultado o 25 de agosto de 2025.