Saltar ao contido

David Castro Pazos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDavid Castro Pazos

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de outubro de 1995 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata

David Castro Pazos, nado en Cuntis o 9 de outubro de 1995, é un futbolista galego que xoga como defensa no Racing de Ferrol, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formado na canteira do Pontevedra, tras rematar a súa etapa como xuvenil pasou polas filas do Portonovo SD, o Estradense e o Céltiga.[1][2]

En xuño de 2017 regresou a Pontevedra, agora como integrante do primeiro equipo, que militaba na Segunda División B.[3] Militou dous anos no club granate, disputando 66 partidos oficiais e proclamándose campión da Copa Federación.

No verán de 2019 foi traspasado ao Valencia CF, que o destinou ao seu filial, tamén de Segunda B.[4] O 6 de setembro de 2020 rescindiu o seu contrato co club valenciano e pasou ao Numancia, da mesma categoría.[5]

O 18 de xuño de 2021 fichou polo Racing de Ferrol da Primeira Federación.[6] Axiña se fixo coa titularidade e na tempada 2022/23 contribuíu con 35 partidos de liga ao ascenso do equipo á Segunda División despois de 15 anos de ausencia.[7] Debutou na categoría de prata o 12 de agosto de 2023, nunha vitoria por 0-1 ante o Elche.[8]

  1. "El Estradense anuncia su primer fichaje, David Castro". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de xuño de 2014. Consultado o 1 de abril de 2025.
  2. "David Castro se marcha al Céltiga". Faro de Vigo (en castelán). 21 de xuño de 2016. Consultado o 1 de abril de 2025.
  3. "David Castro deja el Céltiga para jugar con el Pontevedra en 2.ª B". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de xuño de 2017. Consultado o 1 de abril de 2025.
  4. "El Pontevedra traspasa a David Castro al Valencia" (en castelán). 15 de xullo de 2019. Consultado o 1 de abril de 2025.
  5. "David Castro, nuevo jugador del Numancia" (en castelán). 6 de setembro de 2020. Consultado o 1 de abril de 2025.
  6. "David Castro jugará en el Racing de Ferrol" (en castelán). 18 de xuño de 2021. Consultado o 1 de abril de 2025.
  7. "David Castro, preparado para dar el salto «máis difícil» para un futbolista con el ascenso del Racing". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de maio de 2023. Consultado o 1 de abril de 2025.
  8. "El Racing de Ferrol vuelve a Segunda a lo grande" (en castelán). 13 de agosto de 2023. Consultado o 1 de abril de 2025.