David Castillo i Buïls

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDavid Castillo i Buïls
Biografía
Nacemento1961
Barcelona Cataluña Cataluña
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , crítico literario , catedrático , poeta , xornalista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Autónoma de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela, biografía e poesía
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

David Castillo i Buïls, nado en Barcelona en 1961, é un poeta, escritor e crítico literario catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a destacar como poeta na década dos setenta do pasado século con publicacións clandestinas e contraculturais, a pesar de que a súa primeira obra publicada, toda unha declaración de principios, foi unha biografía de Bob Dylan, do ano 1992. Tres anos antes xa fixera antoloxía ás principais voces da xeración dos 80 no 'Ser del segle'. A esta obra seguírona unha serie de poemarios entre os que destaca Game over, que obtivo o Premio Carles Riba de poesía.

A continuación iniciou unha etapa como prosista con novelas como El cel de l'infern e No miris enrere, con bos resultados entre crítica e lectores. A primeira obtivo o Premio Crexells á mellor novela catalá de 1999. A segunda, o Premio Sant Jordi do 2001. Acadou tamén tres premios Atlántida de periodismo e a unha antoloxía da súa obra poética en italiano outorgóuselle o premio Internacional Tratti ó mellor poeta estranxeiro. Ademais disto, Castillo i Buïls foi organizador de diferentes ciclos poéticos e fundador e director da Semana de Poesía de Barcelona dende 1997.

Por outra banda, publica artigos e recensións literarias dende os seus inicios como escritor. Dende 1989 até o 2007 dirixiu o suplemento de cultura do Diario Avui. Foi director durante 8 anos da revista 'Lletra de canvi' e foi profesor da Universidade Autónoma de Barcelona. No 2007 publicou en conxunto co poeta Marc Sardà o libro biográfico Conversaciones con Pepín Bello, que tivo unha gran repercusión crítica.

Obra[editar | editar a fonte]

Biografía[editar | editar a fonte]

  • 1992 Bob Dylan[1]
  • 2007 Conversaciones con José "Pepín" Bello, con Marc Sardá[2]
  • 2008 Bcn Rock, con fotografías de Ferran Sendra[3]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • 1993 La muntanya russa
  • 1994 Tenebra
  • 1997 Poble Nou flash back
  • 1998 Game over
  • 2000 El pont de Mühlberg
  • 2000 Seguint l'huracà
  • 2001 Bandera negra
  • 2005 Menta i altres poemes
  • 2005 Downtown[4]
  • 2006 Esquena nua

Novela[editar | editar a fonte]

  • 1999 El cel de l'infern
  • 2002 No miris enrere
  • 2010 El llibre dels mals catalans : burocràcia sentimental sobre la noció del temps (Columna)[5]
  • 2010 El mar de la tranquil·litat (Proa)[6]
  • 2014 Barcelona no existeix (Empúries)[7]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]