David Castillo i Buïls
(2010) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 16 de xuño de 1960 Barcelona |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, crítico literario, catedrático, poeta, xornalista |
| Empregador | Universidade Autónoma de Barcelona |
| Premios | |
| |
David Castillo i Buïls, nado en Barcelona en 1961, é un poeta, escritor e crítico literario catalán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a destacar como poeta na década dos setenta do pasado século con publicacións clandestinas e contraculturais, a pesar de que a súa primeira obra publicada, toda unha declaración de principios, foi unha biografía de Bob Dylan, do ano 1992. Tres anos antes xa fixera antoloxía ás principais voces da xeración dos 80 no 'Ser del segle'. A esta obra seguírona unha serie de poemarios entre os que destaca Game over, que obtivo o Premio Carles Riba de poesía.
A continuación iniciou unha etapa como prosista con novelas como El cel de l'infern e No miris enrere, con bos resultados entre crítica e lectores. A primeira obtivo o Premio Crexells á mellor novela catalá de 1999. A segunda, o Premio Sant Jordi do 2001. Acadou tamén tres premios Atlántida de periodismo e a unha antoloxía da súa obra poética en italiano outorgóuselle o premio Internacional Tratti ó mellor poeta estranxeiro. Ademais disto, Castillo i Buïls foi organizador de diferentes ciclos poéticos e fundador e director da Semana de Poesía de Barcelona dende 1997.
Por outra banda, publica artigos e recensións literarias dende os seus inicios como escritor. Dende 1989 até o 2007 dirixiu o suplemento de cultura do Diario Avui. Foi director durante 8 anos da revista 'Lletra de canvi' e foi profesor da Universidade Autónoma de Barcelona. No 2007 publicou en conxunto co poeta Marc Sardà o libro biográfico Conversaciones con Pepín Bello, que tivo unha gran repercusión crítica.
Obra
[editar | editar a fonte]Biografía
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]Novela
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bob Dylan na BnE". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2015. Consultado o 11 de abril de 2015.
- ↑ "Conversaciones con José "Pepín" Bello na BnE". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2015. Consultado o 11 de abril de 2015.
- ↑ "Bcn Rock na BnE". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2015. Consultado o 11 de abril de 2015.
- ↑ "Downtown na BnE". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2015. Consultado o 11 de abril de 2015.
- ↑ "El llibre dels mals catalans na BnE". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2015. Consultado o 11 de abril de 2015.
- ↑ El mar de la tranquil·litat na BnE[Ligazón morta]
- ↑ "Barcelona no existeix na BnE". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2015. Consultado o 11 de abril de 2015.