Dasypsyllus gallinulae
Dasypsyllus gallinulae | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho de D. gallinulae | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Dasypsyllus gallinulae (Dale, 1878) |
Dasypsyllus gallinulae[1] é unha especie de pulga parasita das aves orixinaria de Suramérica, aínda que agora está espallada por todo o mundo. É unha pulga grande, doadamente identificable porque o macho ten dúas espiñas con forma de corno pesadas nunha das súas solapas xenitais, e a femia ten unha embocadura profunda no sétimo esternito.[2]
Encóntrase nos niños de aves, pero é máis probable atopala no corpo da ave que, por exemplo, a pulga das galiñas Ceratophyllus gallinae, que normalmente se encontra nos niños. Entre os moitos hóspedes de D, gallinae están a galiña de río (Gallinula chloropus), a arcea (Scolopax rusticola), os tetraoninos, o paporrubio (Erithacus rubecula), a estreliña do norte (Regulus regulus), o párido Poecile montanus, e o gabeador Certhia familiaris.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dasypsyllus gallinulae na Encyclopedia of Life
- ↑ 2,0 2,1 Rothschild, Miriam; Clay, Theresa (1957). Fleas, Flukes and Cuckoos. A study of bird parasites. New York: Macmillan. p. 113.
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |