Saltar ao contido

Dassault Super Étendard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dassault Super Étendard
 Instancia de
 Subclase de
 Baseado en
 Uso
Persoas e organizacións
 Desenvolvedor
Produción
 Fabricante
 Total producido
85 Editar o valor en Wikidata
 Configuración da á
Dimensión
Altura3,86 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude14,31 m Editar o valor en Wikidata
Envergadura9,6 m Editar o valor en Wikidata
Altitude operacional13.700 m Editar o valor en Wikidata
Datas
 Entrada en servizo
1978 Editar o valor en Wikidata
 Retiro do servizo
xullo de 2016 Editar o valor en Wikidata
 Primeiro voo
28 de outubro de 1974 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/02hy81 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O Dassault-Breguet Super Étendard é un cazabombardeiro monopraza baseado en portaavións de orixe francesa. Está en servizo na Mariña Francesa e na Armada Arxentina. Tamén o empregou durante un corto período de tempo a Forza Aérea Iraquí.

O comezo dos anos setenta, a Mariña Francesa necesitaba novos cazabombardeiros que operasen dende os seus portaavións. Para cumprir este requirimento, a empresa Dassault-Breguet presentou unha versión actualizada do seu avión de combate Étendard IV, daquela en servizo na Mariña. Equipado cun novo motor SNECMA Atar e un radar multimodo Agave e con ás remodeladas, compartía un 90% dos seus compoñentes co Étendard IV.

O emprego máis destacado destes avións foi na Guerra das Malvinas pola Arxentina. Este país mercou 14 avións en 1980 despois da negativa dos Estados Unidos de modernizar os A-4 Skyhawk que operaban dende o portaavións arxentino ARA Veinticinco de Mayo. Os Super Étendard incorporáronse á 2º Escuadrilla, chegando os cinco primeiros a finais de 1981, xunto con outros tantos mísiles antibuque AM-39 Exocet. Durante a Guerra das Malvinas, os recentemente chegados Super Étendard levaron a cabo numerosas misións (dende bases en terra pola incapacidade do portaavións, pendente de reformas), destacando o afundimento do destrutor HMS Sheffield e do buque de apoio MV Atlantic Conveyor cada un con dous mísiles Exocet. O último mísil foi lanzado contra o portaavións británico HMS Invincible. Despois da guerra chegaron os avións restantes que, unha vez foron completadas as modificación no Veinticinco de Mayo, operaron embarcados ata a retirada do portaavións en 1999. Actualmente, os avións da 2º Escuadrilla continúan operando dende terra, aínda que adestrándose para as operacións embarcadas dende portaavións doutros países.

En Francia, os Super Étendard foron retirando aos Étendard IV. Operaron dende os portaavións franceses Clemenceau e Foch e, na actualidade dende o Charles de Gaulle. Os 60 avións da Aeronavale foron modificados para poder lanzar un mísil nuclear ASMP. Nos anos noventa, foron modernizados ao nivel Super Étendard Modernisé, con cambios na electrónica para poder empregar armas máis modernas. Na actualidade están a ser substituídos polos novos Dassault Rafale, operando os que quedan nas Flottilles 11F e 17F.

Entre 1983 e 1985, Iraq operou cinco avións Super Étendard arrendados ata a chegada dos Dassault Mirage F1. Na guerra contra Irán foron empregados con éxito contra petroleiros iranianos no Golfo Pérsico usando mísiles Exocet.

Especificacións

[editar | editar a fonte]
  • Tipo: Caza monopraza baseado en portaavións.
  • Tripulación: Un piloto.
  • Envergadura: 9,70 m.
  • Lonxitude: 14,31 m.
  • Altura: 3,86 m.
  • Superficie alar: 28,40 m².
  • Peso baleiro: 6.500 kg.
  • Peso cargado: 12.000 kg.
  • Planta motriz: 1 motor turborreactor SNECMA Atar 8K-50 con 4.904 kg de pulo.
  • Velocidade máxima: 1.380 km/h.
  • Autonomía: 850 km.
  • Teito de servizo: 13.700 m.
  • Armamento: 2 canóns DEFA de 30 mm e soportes externos para un máximo de 2.100 kg de armas, como mísiles antibuque AM-39 Exocet, mísiles aire-aire Matra magic, bombas ou cohetes.