Daría Vilariño Pintos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Daria Vilariño»)
Infotaula de personaDaría Vilariño Pintos
Biografía
Nacemento26 de xaneiro de 1928 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de outubro de 2020 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspañola
Formación profesionalLicenciada en Filosofía e Letras
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónArquivos e Bibliotecas
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela, library director (en) Traducir (1973–1993) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPublicacións bibliográficas e históricas
LinguaCastelán
Familia
IrmánsEduardo Vilariño Pintos (entre outros)
Premios
Medalla de bronce de Galicia
Insignia de ouro da USC

Dialnet: 1391864

Daría Vilariño Pintos, nada en Santiago de Compostela o 26 de xaneiro de 1928 e finada na mesma cidade o 15 de outubro de 2020, foi unha bibliotecaria galega. De 1973 a 1993 foi a directora da Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela, a primeira muller en ocupar este cargo.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Experta en ciencias psicolóxicas e sociais (psicoloxía, historia, socioloxía, etc.) e especializada en arquivos e bibliotecas, o seu primeiro traballo foi na Biblioteca Pública de Santiago (situada na rúa das Casas Reais). Tras gañar unha oposición, pasou a traballar como bibliotecaria na Biblioteca da Universidade de Santiago, chegando a ser a súa directora, cargo que desempeñou até a súa xubilación.[2] [3]

Ademais do seu traballo como directora da biblioteca, impartiu clases de biblioloxía na USC.[3]

Colaborou como experta no Consello de Cooperación Bibliotecaria de Galicia, da Consellería de Cultura, como directora da biblioteca da USC, e na Fundación Cidade da Cultura.[3]

Foi a irmá máis vella de Eduardo Vilariño Pintos, que foi profesor da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, e catedrático de Dereito Diplomático e Consular da Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid.

Obras[editar | editar a fonte]

  • "Un manuscito sevillano del siglo XIX en la Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela", Daría Vilariño Pintos e Mª Virtudes Pardo Gómez, en De libros y bibliotecas: homenaje a Rocío Caracuel. Coord. por Sonsoles Celestino Angulo, 1995, ISBN 84-472-0258-5, páxs. 431-436
  • "La diócesis de Tuy hasta 1100", Daría Vilariño Pintos e Manuel Cecilio Díaz y Díaz, en Historia de las diócesis españolas. Vol. 14, 2002 (Iglesias de Santiago de Compostela y Tuy-Vigo". Coord. por José García Oro), ISBN 84-7914-539-0, páxs. 537-548.
  • O libro galego onte e hoxe: catálogo da Exposición bibliográfica, Santiago, maio-xuño 1979, Daría Vilariño Pintos e Mª Virtudes Pardo Gómez. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago. Secretariado de Publicaciones, 1981. ISBN 84-11-91252-3.
  • "Alcalá de Henares: academia bíblica y renacentista", Mª Araceli García Piñeiro, Pilar del Oro Trigo, Daría Vilariño Pintos, Mª Virtudes Pardo Gómez e José García Oro, en Sub luce Florentis Calami: homenaje a Manuel C. Díaz y Díaz. Coord. por Manuela Domínguez García, 2002, ISBN 84-9750-010-5, páxs. 636-657
  • "La Biblioteca Universitaria y sus riquezas", Vilariño Pintos, Daría, en La Universidad de Santiago. VV.AA. Santiago de Compostela: Universidad de santiago de Compostela. Secretariado de Publicaciones, 1980, páxs. 217-224.
  • "Exposición cartográfica. Mapas de la Biblioteca General de la Universidad siglos XVII, XVIII y XIX. Catálogo", Vilariño Pintos, Daría e Moralejo Álvarez, Mª Remedios. Santiago de Compostela: Universidad de Santiafo de Compostela, 1964. 24 f.

Así mesmo, colaborou na obra de Manuel Cecilio Díaz y Díaz Escritos jacobeos, unha recompilacion de textos e edición de José Andrade, Helena de Carlos, José Carracedo, Manuela Domínguez, Araceli García, José García Oro, Pilar del Oro, María Virtudes Pardo e Daría Vilariño, editado o ano 2010 e Santiago de Compostela polo Consorcio de Santiago e a USC Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. ISBN 978-84-9887-459-4.[4]

Ademais, foi a presentadora do libro Mujer y educación en España, 1868-1975, que recolle os traballos do VI Coloquio de Historia de la Educación. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Teoría e Historia da Educación, 1990, ISBN 978-84-4047-748-4.[5]

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

Daría Vilariño foi galardoada en 1993, ano da súa xubilación, coa insignia de ouro da USC, e coa Medalla de Galicia na súa categoría de bronce.[3] [6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pesar por la muerte de Daría Vilariño, histórica bibliotecaria de la USC". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 15 de outubro de 2020. 
  2. Daría Vilariño Pintos en MulleresExpertas.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Barrera 2000, p. 596.
  4. USC. Biblioteca Universitaria. Catálogo Iacobus.
  5. USC. Biblioteca Universitaria. Catálogo Iacobus.
  6. Medalla de Galicia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]