Darfur - دار فور

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 13°23′51.48″N 24°00′4.86″E / 13.3976333°N 24.0013500°E / 13.3976333; 24.0013500

Mapa do Sudán coa rexión de Darfur en destaque.

Darfur (دار فور, ou "terra dos fur", en árabe) é unha rexión no extremo oeste do Sudán, na fronteira coa Libia, o Chad e a República Centroafricana. Divídese en tres estados federais sudaneses: "Garb Darfur" (Darfur Occidental), "Djanub Darfur" (Darfur do Sur) e "Chamal Darfur" (Darfur do Norte).

Cunha poboación de 5 a 6 millóns de habitantes, Darfur caracterízase polo baixo nivel de desenvolvemento. Só o 44,5% dos nenos e o 33,3% das nenas frecuentan a escola.

Hai tres tribos predominantes en Darfur: os fur, que dan nome á rexión, os masalit e os zaghawa, en xeral negros musulmáns.

A rexión é escenario dun conflito decorrente de disputas entre as poboacións árabe e non-árabe, na franxa sur do deserto do Sahara. Os non-árabes, separatistas, son albos dunha acción de exterminio emprendida por milicias árabes, que, pola súa vez, están acusados de recibir apoio do goberno sudanés. O conflito xa tivo máis de 200 mil mortos e cerca de 2 millóns de refuxiados "en catro anos de inercia diplomática". Segundo o secretario xeral da Organización das Nacións Unidas, Ban Ki-Moon, alén das causas sociais e políticas, o conflito e a grave crise humana decorrente son parcialmente debidos a unha alteración climática que provocou unha gran seca no sur do Sudán, a partir da década de 1970.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]