No ceo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Dans le ciel")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

No ceo
Título orixinalDans le ciel
Autor/aOctave Mirbeau
OrixeFrancia
Linguafrancés
Tema(s)arte
Xénero(s)novela
EditorialFrancia L’Échoppe
Galicia Editorial Hugin e Munin
Data de pub.Francia 1989
Galicia 2015
Formatopapel
Páxinas148
ISBNISBN 978-84-943230-9-6
TraduciónXavier Senín

No ceo[1] (en francés: Dans le ciel) é unha novela do escritor francés Octave Mirbeau. É a cuarta obra narrativa que Octave Mirbeau asinou co seu nome. Apareceu nas páxinas de L’Écho de Paris entre setembro de 1892 e maio de 1893, e publicouse en 1989 en volume independente.

Foi traducido ó galego por Xavier Senín[2] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2015.[1]

Argumento[editar | editar a fonte]

Vincent Van Gogh, A noite estrelada, 1889

Mirbeau evoca o carácter tráxico da condición humana, condenada ao absurdo, á angustia existencial, á soidade e á incomunicación, a través da relación entre os seus dous personaxes principais: Georges, un escritor frustrado, que narra en primeira persoa algúns dos acontecementos da súa vida; e Lucien, un pintor innovador e máis esixente, inspirado directamente na figura de Vincent van Gogh, que se suicida cortándose a man culpable.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 No ceo. Traducido por Xavier Senín (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2015. ISBN 978-84-943230-9-6 – vía BiTraGa. 
  2. Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 35. Consultado o 26 de marzo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]