Daniel Westling Bernadotte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Daniel Westling")
O príncipe Daniel de Suecia en maio de 2013

Olof Daniel Westling Bernadotte,[1] nado como Olof Daniel Westling o 15 de setembro de 1973 en Örebro, é o consorte da princesa Vitoria de Suecia. Desde 19 de xuño de 2010, data da súa voda, é príncipe Daniel e duque de Västergötland. A parella ten dous fillos, a princesa Estela e o príncipe Óscar. O seu título oficial é A súa alteza real Daniel, príncipe de Suecia, duque de Västergötland.[2] e está anotado no rexistro civil como Olof Daniel Westling Bernadotte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Daniel Westling coa súa dona e a filla durante a voda da princesa Madalena e Christopher O'Neill o 8 de xuño de 2013

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

O pai, Olle Westling, era traballador dos servizos sociais do concello de Sandviken e a nai, Ewa Westling, traballadora dos servizos postais. A familia viviu inicialmente en Almby, integrado en Önebro, onde se bautizou e a continuación mudouse ao concello de Falun e, finalmente, en Ockelbo e alí pasou a crianza Daniel Westling, estudou na Raboskolan (grao 1-6) e despois na Perslundaskolan (7-9) en Ockelbo, e logo entre 1989 e 1991 no Hammargymnasiet de Sandviken.[3]

Realizou o servizo militar no rexemento Hälsinge en Gävle.[3] Despois de se licenciar traballou en escolas e en centros para nenos con necesidades especiais.

Educación e carreira[editar | editar a fonte]

En 1994 marchou a Estocolmo para estudar para monitor deportivo na Escola Superior de Deportes Lillsved na illa de Värmdö completando os seus estudos en 1996[4] e realizando logo un curso de adestrador persoal en Safe-Education en Sundbyberg. Logrou un traballo no ximnasio Master Training de Regeringsgatan en 1997 e o ano seguinte rexistrou unha sociedade unipersoal para traballar como masaxista e adestrador persoal.

En 2004 fundou a compañía Master Training AB. en Estocolmo, con Westling como director executivo e membro do consello de administración co 70 por cento das accións, mentres Patrik Vrbanc e Lars Hellström tiñan o 15 por cento de cada un. Mais tarde tivo as mesmas atribucións na compañía Balance e foi membro do consello de administración de Brasil Development [5]

Matrimonio[editar | editar a fonte]

Daniel Westling coñeceu a princesa Vitoria cando o contrataron como o adestrador persoal da princesa herdeira, e ao pouco comezaron unha relación que se fixo pública no verán de 2002[6]. Desde 2007 vivía coa princesa na residencia oficial dela no palacio de Drottningholm[7] pero non foi ata o 1 de xullo de 2008 que se oficializou, alugando Westling un apartamento dentro do complexo de Drottningholm.[8] O 24 de febreiro de 2009 anunciouse o compromiso entre Daniel Westling e a princesa herdeira no Palacio Real de Estocolmo, renunciando nos meses seguintes aos seus cargos nas empresas, mantendo así e todo as súas accións.[5]. Realizáronlle un transplante de ril o 27 de maio de 2009, o órgano dooullo seu pai para combater unha enfermidade, conxénita pero non hereditaria.[9] O 19 de xuño de 2010 casou con Vitoria de Suecia na catedral de Estocolmo e o 15 de novembro a parella mudouse para o palacio Haga en Solna. A parella tivo o seu primeiro fillo, a princesa Estele, o 23 de febreiro de 2012 e o seu segundo, o príncipe Óscar, o 2 de marzo de 2016.

Papel na familia real[editar | editar a fonte]

Escudo de armas do príncipe Daniel

Plo seu matrimonio coa herdeira ao trono Daniel Westling entrou oficialmente na familia real e recibiu , por nomeamento do rei Carl Gustaf, o tratamento e título seguinte: "A súa alteza real Daniel, príncipe de Suecia, duque de Västergötland".[10] Non obstante non está na orde de sucesión ao trono nin pode ser rexente. Como membro da familia real intervén en actos oficiais, canda a princesa herdeira ou en solitario. O seu programa oficial de actividades está coordinado pola casa da princesa herdeira no Palacio Real, onde o principe e o seu secretario teñen oficinas.[11] Foi patrón de importantes eventos deportivos, como os Xogos Mundiais de Transplantados de 2011[12], a Eurocopa de feminina de fútbol de 2013[13] ou o Campionato do mundo de hóckey sobre xeo de 2013[14]. Desde 2011 é membro honorario da Fundación Hjärt-Lungfonden.[15]

O seu escudo de armas deseñouno o heraldo do Estado, Henrik Klackenberg e foi confirmado polo rei. O escudo é, como a coroa da princesa Vitoria, unha variante do Gran Escudo do Reino de Suecia, substituíndo o terceiro cuartel polas armas de Västergötland e con coroa principesca. No abismo figura o seu brasón persoal, baseado no escudo do concello de Ockelbo.[16][17][18]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Ordes e condecoracións[editar | editar a fonte]

Suecia[editar | editar a fonte]

  • Sverige Cabaleiro e comandante da Orde dos Serafíns. Nomeado logo do seu casamento o 19 de xuño de 2010
  • Sverige Comandante da Orde da Estrela Polar (levando  a insignia dende o 1 de outubro de 2013

Estranxeiro[editar | editar a fonte]

  • Estland Gran Cruz da Orde da Cruz da Terra Mariana (12 de xaneiro de 2011)[19]
  • Finland Gran Cruz da Orde da Rosa Branca de Finlandia (17 de abril de 2012)[20]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ”Prins Daniel byter namn” Expressen, 26 de xuño de 2010.
  2. Prutkov, Kozma, Annuaire de la Noblesse Moderne des Maisons Principales de l'Europe, Montréal, 2010 (ISSN 1925-5594) [1] (fr)
  3. 3,0 3,1 Alexandersson, Jenny (2009). Förlovningen 2009 Stockholm: Schibsted, p. 63 ISBN 978-91-7738-800-5
  4. ”Biografí” Sveriges Kungahus.
  5. 5,0 5,1 "Tvingas att sluta jobba", Aftonbladet 14 de novembro de 2009
  6. Alexandersson, Jenny (2009). Förlovningen 2009 Stockholm: Schibsted, p. 23
  7. Johan T Lindwall. ”Victoria och Daniel isolerade i 2-rummare”. Expressen, 2 de xaneiro de 2009.
  8. Alexandersson, Jenny (2009). Förlovningen 2009 Stockholm: Schibsted, p. 34
  9. Emma Johannisson e Matilda Uusijärvi "Livslång medicinering väntar efter njuroperation", Svenska Dagbladet, 27 de maio de 2009
  10. "Herr Daniel Westling blir Prins av Sverige", Sveriges Kungahus, 30 de maio de 2010
  11. ”H.K.H. Kronprinsessans hovstat”, Sverige Kungahus
  12. "Prins Daniel beskyddar tävling", Abrbetarbladet, 7 de abril de 2011.
  13. "Prins Daniel till EM-invigningen", Svenska Fotbollförbundet, 5 de xuño de 2013
  14. Pär Andersson "Prins Daniel utsedd till beskyddare för VM", Hockey, 26 de setembro de 2012
  15. "Hjärt Lungfonden - Prins Daniels forskningsanslag", Hjârt Lungfonden, 3 de xuño de 2013
  16. "Riksarkivet skapar Daniel Westlings vapen", Riksarkivet 5 de maio de 2010
  17. Henrik Klackenberg, "Vapen för Prins Daniel, hertig av Västergötland" Heraldisk tidsskrift, 11:102 (2010)]
  18. Nya heraldiska vapen 2010, Statsheraldikern
  19. Bearers of decorations, President of the Republic of Estonia, läst 19 januari 2011.
  20. ”Presidenttiparimme kuningasparin illallisvieraana Tukholmassa” (en finés)