Daniel Tarone
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 26 de outubro de 1975 Schlieren | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 1,77 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 1993 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Daniel Tarone, nado o 26 de outubro de 1975 en Basilea, é un exfutbolista suízo, de orixes galega e italiana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Suíza, sendo fillo dun italiano e dunha galega do Saviñao.[1]
Comezou a súa carreira en 1993 no FC Zurich, onde militou durante seis anos. En 1996 chegou a Santiago de Compostela para poñerse a proba durante un par de semanas co Compostela, da Primeira División. Con todo, acabou regresando a Zürich.
Despois pasou polo FC Aarau, o AC Bellinzona e de novo o Aarau, antes de regresar en 2002 ao FC Zurich. Xogou en Zúric outros tres anos antes de fichar polo FC Schaffhausen. Cando este descendeu á segunda división dous anos despois, regresou ao FC Aarau. Nos seus últimos anos de carreira xogou no FC Baden e no FC Wohlen, onde colgou as botas en 2011.
Trala súa retirada dedicouse a labores técnicas e foi asistente dos adestradores Jeff Saibene e Josef Zinnbauer no FC St. Gallen.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Daniel Tarone, centrocampita suizo, estará a prueba durante quince días". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 28 de maio de 1996. p. 49.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en weltfussball.de (en alemán).