Saltar ao contido

Daniel Ochefu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDaniel Ochefu

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de decembro de 1993 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Baltimore Editar o valor en Wikidata
EducaciónWesttown School (en) Traducir
Universidade Villanova
Downingtown High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura211 cm Editar o valor en Wikidata
Peso245 lb Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2016 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América
Nixeria Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNBA G League, National Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla-pivote Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2012–2016 Villanova Wildcats
Participou en
2017FIBA AfroBasket 2017 Editar o valor en Wikidata

Daniel Ochefu, nado o 15 de decembro de 1993 en Baltimore (Maryland), é un xogador de baloncesto profesional internacional estadounidense con pasaporte nixeriano que xoga cos Ibaraki Robots da B. League xaponesa. Formado na Universidade de Vilanova, cos que conseguiu gañar o campionato da NCAA, xoga na posición de pivote cunha altura de 2,08 m. Internacionalmente compite coa selección de Nixeria, coa cal conseguiu a medalla de prata no Campionato de África da FIBA 2017.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Baltimore, Maryland,[1] Ofechu acudiu ao Instituto de Westtown, onde fixo unha media como júnior de 16 puntos e 12 rebotes por partido. Como sénior foi transferido ao Instituto de Downingtown East. Tras finalizar a súa etapa escolar foi clasficado no posto 54 na lista dos 100 mellores xogadores de instituto da ESNPU.[2] A nivel universitario xogou para a Univesidade de Villanova, cos que conseguiu gañar en 2016 o título de campións da NCAA. Entre os seus partidos máis ddestacábeis destacan os 25 puntos na vitoria ante St. John's (73–63) o 13 de febreiro de 2016.[2] Ese mesma temporada recibiu a mención de honra de All-Big East como un dos mellores xogadores da súa conferencia.

Despois de non ser elixido no Draft da NBA de 2016, asinou cos Washington Wizards para a Liga de Verán de Las Vegas, onde fixo unha media de 1,8 puntos e 2,8 rebotes por partido.[3] Finalmente, o 23 de setembro asina contrato coa franquía.[4] O seu debut na NBA chegou o 27 de outubro no partido inaugural da temporada, onde rexistrou un rebote en catro minutos ante os Atlanta Hawks.[5] Un ano despois, o 9 de outubro, foi curtado polo equipo, asinando día 13 polos Boston Celtics, os cales o asignaron ao seu equipo da G League, os Maine Red Claws. A continuación xoga para outros equipos da mesma competición como os Windy City Bulls e os Stockton Kings.

Estatísticas na NBA

[editar | editar a fonte]

Temporada regular

[editar | editar a fonte]
Tempada Equipo PX PT MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2016−17 Washington 1903.9.444.000.0001.2.2.1.01.3
Carreira 1903.9.444.000.0001.2.2.1.01.3
Tempada Equipo PX PT MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2017 Washington 401.3.000.000.000.3.0.0.0.0
Carreira 401.3.000.000.000.3.0.0.0.0
  1. Donohue, Ed (26 de novembro de 2012). "2012 Villanova Basketball Preview: Daniel Ochefu". VU Hoops (SB Nation).
  2. 1 2 "Daniel Ochefu". villanova.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2018. Consultado o 30 de marzo de 2019.
  3. "Wizards' Daniel Ochefu: Struggles in summer league tryout". CBS Sports.
  4. "Wizards Finalize Training Camp Roster". Wizards Today. Monumental Sports Network. 23 de setembro 2016. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2019. Consultado o 30 de marzo de 2019.
  5. "Wizards at Hawks". NBA.com. 27 de outubro de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]