Daniel Maldini
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 11 de outubro de 2001 Milán | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 1,81 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Italia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Playmaker | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Familia | Maldini family (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Pais | Paolo Maldini | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Daniel Maldini, nado en Milán o 11 de outubro de 2001, é un futbolista italiano que xoga como centrocampista ofensivo no Atalanta, da Serie A, e na selección italiana. É fillo e neto respectivamente dos históricos capitáns do Milan, Paolo e Cesare Maldini.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Milán, sendo o segundo fillo de Paolo Maldini, histórico capitán do AC Milan, e da modelo venezolana Adriana Fossa. O seu avó Cesare fora tamén un destacado capitán do Milan na década de 1960. O seu irmán maior, Christian foi tamén futbolista.
Ingresou na canteira do propio Milan en 2010 e foi subindo polas diferentes categorías inferiores do club. En xullo de 2019 foi convocado por Marco Giampaolo para facer a pretempada co primeiro equipo.[1] Uns días despois debutou co equipo nun amigable ante o Bayern de Múnic en Kansas City.[2]
O seu debut oficial produciuse o 2 de febreiro de 2020, nun partido da Serie A contra o Hellas Verona no que saltou ao terreo de xogo como substituto do catalán Samu Castillejo.[3] Converteuse así na terceira xeración da súa familia en vestir a camiseta do club milanista. O 15 de setembro de 2021 disputou contra o Liverpool o seu primeiro encontro na Liga de Campións e dez días despois marcou o seu primeiro gol co primeiro equipo, nun partido de liga contra o Spezia.[4] O 22 de maio de 2022 gañou o seu primeiro título, o campionato da Serie A, emulando a seu pai e seu avó.[5] Con todo, apenas tivo protagonismo ao longo da campaña, disputando só 239 minutos en 13 partidos de liga.[6]
O 29 de xullo de 2022 foi cedido ao Spezia, da mesma categoría. Tras varios partidos saltando ao campo dende o banco de suplentes, na 13ª xornada debutou como titular ante o propio Milan en San Siro, marcando o único gol do seu equipo, que perdeu por 2-1.[7] Marcou o seu segundo gol co Spezia catro meses despois, dándolle ao seu equipo a primeira vitoria da súa historia ante o Inter de Milán.[8] Pechou o seu paso polo club cun total de 20 partidos disputados, aínda que en só catro deles o fixo dende o once inicial. Na primeira metade da tempada 2023/24 militou cedido no Empoli, onde xogou só 262 minutos repartidos en 7 encontros.
Na segunda metade da campaña foi cedido ao Monza, onde contou con só unha hora máis de xogo, pero cun balance de catro goles, o que propiciou que en xullo de 2024 o club se fixese cos seus dereitos en propiedade.[9]
O 1 de febreiro de 2025 anunciouse a súa fichaxe polo Atalanta, nunha operación que roldou os 13 millóns de euros, incluíndo primas por rendemento.[10]
Selección italiana
[editar | editar a fonte]Despois de ser internacional en categorías inferiores, en outubro de 2024 recibiu a súa primeira convocatoria coa selección italiana absoluta para os partidos da Liga das Nacións da UEFA 2024-25 contra Bélxica e Israel.[11] Debutou na vitoria por 4-1 contra este último rival, entrando como substituto de Raspadori no minuto 74 no mesmo estadio onde debutara seu pai, o estadio Friuli de Udine,[12] Coa a estrea de Daniel coa azzurra, a familia Maldini entrou na historia como un dos poucos casos de sagas familiares con tres xeracións de futbolistas internacionais, xunto a outras como os Alonso (Marquitos, Marcos e Marcos) ou os Guðjohnsen (Arnór, Eiður, Sveinn Aron e Andri).[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Milan, i 29 convocati per il ritiro: ci sono Krunic e Hernandez" (en italiano). 8 de xullo de 2019. Consultado o 17 de xuño de 2025.
- ↑ "ICC - Bayern Monaco-Milan, le formazioni ufficiali" (en italiano). 24 de xullo de 2019. Consultado o 17 de xuño de 2025.
- ↑ "Paolo Maldini's son Daniel makes AC Milan debut against Hellas Verona" (en inglés). 2 de febreiro de 2020. Consultado o 17 de xuño de 2025.
- ↑ "Spezia 1-2 AC Milan: Daniel Maldini on target for visitors in narrow win" (en inglés). 25 de setembro de 2021. Consultado o 17 de xuño de 2025.
- ↑ "Maldini: "Orgoglioso dei ragazzi. Io dirigente solo grazie al Milan"" (en italiano). 22 de maio de 2022. Consultado o 17 de xuño de 2025.
- ↑ "Saluta papà e Milan, Daniel Maldini stoppa la dinastia: colpo in Serie A" (en italiano). 13 de xuño de 2022. Consultado o 17 de xuño de 2025.
- ↑ "Pazzesco Giroud all'89': il Milan batte 2-1 lo Spezia ed è secondo a -6 dal Napoli" (en italiano). 5 de novembro de 2022. Consultado o 17 de xuño de 2025.
- ↑ "Spezia 2-1 Inter: Nerazzurri fall to shock defeat at relegation-threatened side after late drama" (en italiano). 19 de marzo de 2025. Consultado o 17 de xuño de 2025.
- ↑ "BENTORNATO DANIEL MALDINI" (en italiano). 31 de xullo de 2024. Consultado o 17 de xuño de 2025.
- ↑ "Calciomercato Serie A 2025, gli acquisti ufficiali" (en italiano). 28 de febreiro de 2025. Consultado o 17 de xuño de 2025.
- ↑ "L’Italia riprende il cammino in Nations League: 23 convocati per le gare con Belgio e Israele, prima chiamata per Di Gregorio, Gabbia, Pisilli e Maldini" (en italiano). 4 de outubro de 2024. Consultado o 17 de xuño de 2025.
- 1 2 "De tal palo, tal futbolista: la saga Maldini entra en la historia" (en castelán). 14 de outubro de 2024. Consultado o 17 de xuño de 2025.