Daniel Bachmann
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 9 de xullo de 1994 Viena, Austria | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 191 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 81 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Austria | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Liga | Football League Championship, Scottish Premier League, Premier League, Football League One e Conference National | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Daniel Bachmann, nado en Wiener Neustadt (Baixa Austria) o 9 de xullo de 1994, é un futbolista austríaco que xoga de porteiro no Leyton Orient, da League One, cedido polo Watford. É internacional coa selección austríaca, coa que disputou a Eurocopa de 2020.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Stoke City
[editar | editar a fonte]Formouse como futbolista nas canteiras do Admira Wacker, o Sturm Graz e o Austria Wien, antes de ingresar en 2011 nas categorías inferiores do Stoke City inglés. Xogou cos equipos sub-18 e sub-21 do Stoke e para a tempada 2014/15 saíu cedido ao Wrexham, equipo galés da Conference Premier, quinta categoría do fútbol inglés.[1] Disputou un total de 18 encontros cos dragóns vermellos, rematando a liga na 11ª posición.
Para a seguinte campaña volveu ser cedido, desta vez ao Ross County da Scottish Premiership.[2] Debutou como profesional o 8 de agosto de 2015, substituíndo ao lesionado Scott Fox nunha vitoria por 2-0 sobre o Hamilton Academical.[3] Con todo, só un mes despois da súa chegada e con só dous partidos disputados, club e xogador puxeron fin ao seu acordo de cesión.
En outubro do mesmo ano foi cedido ao Bury, da League One.[4] Xogou dez encontros oficiais ata xaneiro de 2016, cando regresou ao Stoke.[5] No club de Stoke-on-Trent volveu formar parte do equipo xuvenil, no que militou durante a tempada 2016/17.
Watford
[editar | editar a fonte]En xullo de 2017 asinou un contrato de tres anos co Watford, da Premier League. Sen minutos durante a tempada 2017/18, para a seguinte foi cedido ao Kilmarnock, equipo da Scottish Premiership, onde se fixo coa titularidade, disputando un total de 28 encontros.
De regreso en Watford, debutou co equipo na terceira rolda da FA Cup, nun encontro ante o Tranmere Rovers.[6] Xogou só outro partido esa tempada, tamén na FA Cup, e tivo que esperar ata o ecuador da tempada 2020/21, co equipo descendido ao Championship, para facerse co posto de porteiro titular. Disputou un total de 26 encontros esa campaña, que culminou co ascenso do Watford á Premier League como subcampión da segunda categoría.
O 14 de agosto de 2021 xogou o seu primeiro partido na máxima categoría do fútbol inglés, na xornada inaugural ante o Aston Villa, e ao longo da campaña alternou titularidade con Ben Foster.[7] Tras sufrir un novo descenso, na campaña 2022/23 foi titular indiscutible na portería do Watford e disputou 45 dos 46 partidos de liga, perdendo só un deles por sanción. Xogou en Vicarage Road ata o remate da 2024/25, acadando os 138 partidos oficiais co club, e exercendo dúas tempadas como capitán.
Cesión ao Deportivo
[editar | editar a fonte]En agosto de 2025 anunciouse a quinta cesión da súa carreira, desta vez ao Deportivo da Coruña, da Segunda División española.[8] Comezou a tempada como suplente de Germán Parreño e en outubro, sen ter aínda debutado, sufriu unha rotura do ligamento externo do xeonllo esquerdo.[9] No mercado invernal o Deportivo incorporou outro gardameta, Álvaro Ferllo, e púxose fin á cesión de Bachmann, que regresou ao Watford sen ter vestido a camiseta do Deportivo en ningún partido.[10]
Cesión ao Leyton Orient
[editar | editar a fonte]Pouco despois anunciouse a súa cesión ao Leyton Orient, da League One.[11] Inmediatamente trala súa chegada, o adestrador Richie Wellens deulle a titularidade ante o Port Vale, pero o gardameta lesionouse realizando os exercicios de quecemento, polo que non puido nin comezar o encontro.[12]
Selección austríaca
[editar | editar a fonte]Foi internacional coas categorías sub-16, sub-17, sub-18, sub-19 e sub-21 da selección austríaca.[13]
O 14 de marzo de 2017 foi convocado por primeira vez pola selección austríaca absoluta para dous partidos contra Moldova e Finlandia, aínda que non chegou a debutar nesa ocasión. En marzo de 2021 recibiu a súa segunda convocatoria, antes dos partidos de clasificación para o Mundial de 2022.[14] Debutou o 2 de xuño de 2021 nun amigable contra Inglaterra.[15]
A continuación foi un dos 26 elixidos polo seleccionador Franco Foda para participar co equipo austríaco na Eurocopa de 2020, adiada ao 2021 por mor da pandemia de COVID-19. Titular por diante de Alexander Schlager e Pavao Pervan disputou os tres partidos de Austria na fase de grupos (ante Macedonia do Norte, Países Baixos e Ucraína), así como o encontro dos oitavos de final, onde o seu equipo caeu eliminado na prórroga fronte a Italia, selección que acabou gañando o torneo.[16]
Estatísticas
[editar | editar a fonte]| Club | Tempada | División | Liga | Copa | Outros[a 1] | Total | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | |||
| Wrexham | 2014/15 | Conference | 15 | 0 | - | - | - | - | 15 | 0 |
| Ross County | 2015/16 | Premiership | 1 | 0 | - | - | - | - | 1 | 0 |
| Bury | 2015/16 | League One | 8 | 0 | 2 | 0 | - | - | 10 | 0 |
| Watford | 2017/18 | Premier League | 0 | 0 | 0 | 0 | - | - | 0 | 0 |
| Kilmarnock | 2018/19 | Premiership | 25 | 0 | 2 | 0 | 1 | 0 | 28 | 0 |
| Watford | 2019/20 | Premier League | 0 | 0 | 2 | 0 | 0 | 0 | 2 | 0 |
| 2020/21 | Championship | 23 | 0 | 1 | 0 | 2 | 0 | 26 | 0 | |
| 2021/22 | Premier League | 12 | 0 | 1 | 0 | 0 | 0 | 13 | 0 | |
| 2022/23 | Championship | 45 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 45 | 0 | |
| 2023/24 | Championship | 27 | 0 | 3 | 0 | 0 | 0 | 30 | 0 | |
| 2024/25 | Championship | 22 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 22 | 0 | |
| Total club | 129 | 0 | 7 | 0 | 2 | 0 | 138 | 0 | ||
| Deportivo | 2025/26 | Segunda División | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
| Total carreira | 178 | 0 | 11 | 0 | 3 | 0 | 192 | 0 | ||
- ↑ Inclúe partidos da Copa_da_Liga_de_Escocia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Stoke's Daniel Bachmann extends Wrexham loan to season's end". BBC (en inglés). 6 de xaneiro de 2015. Consultado o 13 de agosto de 2025.
- ↑ "Ross County sign Daniel Bachmann and Jackson Irvine". BBC (en inglés). 28 de xullo de 2015. Consultado o 13 de agosto de 2025.
- ↑ "Ross County 2-0 Hamilton Academical". BBC (en inglés). 8 de agosto de 2015. Consultado o 13 de agosto de 2025.
- ↑ "Daniel Bachmann: Stoke City keeper joins Bury on loan". BBC (en inglés). 28 de outubro de 2015. Consultado o 13 de agosto de 2025.
- ↑ "FA CUP FULL TIME: Bury 0 Bradford City 0" (en inglés). 9 de xaneiro de 2016. Consultado o 13 de agosto de 2025.
- ↑ "Watford 3-3 Tranmere Rovers, FA Cup third round: Nigel Pearson says cup is 'not a priority'" (en inglés). 4 de xaneiro 2020. Consultado o 13 de agosto de 2025.
- ↑ "Watford 3-2 Aston Villa: Watford beat Aston Villa in five-goal thriller on Premier League return". BBC (en inglés). 14 de agosto de 2021. Consultado o 13 de agosto de 2025.
- ↑ "O internacional austriaco Daniel Bachmann, novo gardameta do RC Deportivo". 12 de agosto de 2025. Consultado o 13 de agosto de 2025.
- ↑ "Daniel Bachmann sufre una rotura del ligamento externo de la rodilla izquierda". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de outubro de 2025. Consultado o 10 de outubro de 2025.
- ↑ Piñeiro, Sergio (30 de xaneiro de 2026). "Daniel Bachmann vuelve a Inglaterra y deja el Deportivo sin debutar". Riazor.org (en castelán). Consultado o 30 de xaneiro de 2026.
- ↑ "Orient sign experienced goalkeeper Daniel Bachmann on loan from Watford" (en inglés). 30 de xaneiro de 2026. Consultado o 9 de febreiro de 2026.
- ↑ "El gafe de Bachmann no cesa: lesión en el calentamiento que frustró su estreno como titular en el Leyton Orient". DxT Campeón (en castelán). 1 de febreiro de 2026. Consultado o 9 de febreiro de 2026.
- ↑ "D. Bachmann's matches". besoccer.com (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2025.
- ↑ "Watford goalkeeper Daniel Bachmann gets Austria call up" (en inglés). 13 de agosto de 2025. Consultado o 13 de agosto de 2025.
- ↑ "Inglaterra-Austria". espn.com (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2025.
- ↑ "Euro 2020: Watford's Daniel Bachmann reflects after Austria's exit" (en inglés). 27 de xuño de 2021. Consultado o 13 de agosto de 2025.