Dance Gavin Dance

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dance Gavin Dance
Actuación do grupo en 2009
OrixeSacramento, California, Estados Unidos de América Estados Unidos
Período2005–
Xénero(s)
Selo(s) discográfico(s)Rise
Membros
Antigos membros
Artistas relacionados
Na rede
IMDB: nm9842136 Facebook: DanceGavinDance Twitter: DGDtheband Instagram: dancegavindance MySpace: dancegavindance Youtube: UCkmEoZbpH7jPCe1_Ym4XJdQ TikTok: dgdtheband Souncloud: dance-gavin-dance Spotify: 6guC9FqvlVboSKTI77NG2k iTunes: 204782507 Last fm: Dance+Gavin+Dance Musicbrainz: 16456fed-c9f2-4adf-b6ea-97b648c474d2 Songkick: 348492 Discogs: 1405649 Allmusic: mn0000480549 Deezer: 72709 Genius: Dance-gavin-dance Editar o valor em Wikidata

Dance Gavin Dance é un grupo de rock estadounidense con orixe en Sacramento, California, formado no ano 2005. O grupo está composto polos vocalistas Tilian Pearson e Jon Mess, o guitarra Will Swan, o baixo Tim Feerick e o batería Matthew Mingus. O grupo sufriu varios cambios de membros dende a súa formación, con antigos membros como os vocalistas Jonny Craig e Kurt Travis.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O grupo publicou o seu EP de estrea Whatever I Say Is Royal Ocean en 2006 e asinou co selo Rise Records. O seu álbum de estudio de estrea titulouse Downtown Battle Mountain e foi publicado en maio de 2007. Craig e o guitarrista Sean O'Sullivan deixaron o grupo sendo substituídos por Kurt Travis e Zachary Garren respectivamente. Publicaron o seu segundo álbum homónimo en agosto de 2008. O vocalista Jon Mess e o baixo Eric Lodge deixaron o grupo antes da publicación do álbum, sendo Jason Ellis o substituto de Lodge. Happiness, o terceiro álbum de estudio do grupo, publicouse en xuño de 2009.

No ano 2010 Jonny Craig, Jon Mess e Eric Lodge volveron ó grupo e gravaron o seu cuarto álbum de estudio, Downtown Battle Mountain II (2011). Craig e Lodge marcharon do grupo ó ano seguinte, mentres que o antigo vocalista de Tides of Man, Tilian Pearson, o baixo Tim Feerick e o guitarrista Josh Benton uníronse ó grupo. Publicaron o seu quinto álbum de estudio, Acceptance Speech en 2013. Benton deixou o grupo pouco despois da publicación deste álbum. O seu sexto álbum, Instant Gratification, publicouse en abril de 2015. Ó ano seguinte publicaron o seu sétimo álbum, Mothership, que chegaría ó posto número 13 da lista Billboard 200. En 2017 publicaron unha versión do sinxelo de Bruno Mars "That's What I Like" para o álbum Punk Goes Pop Vol. 7 e formaron parte da xira Vans Warped Tour. Publicaron o seu oitavo álbum de estudio titulado Artificial Selection en xuño de 2018, que acadou o posto número 15 da lista Billboard 200.

Estilo musical[editar | editar a fonte]

O seu estilo musical foi descrito dentro dos xéneros do post-hardcore,[1][2][3] math rock,[1][4] rock experimental,[5][6] rock progresivo,[1][7] screamo,[7] jazz fusión[7] e emo.[3] A crítica comparou o grupo con outros como the Fall of Troy, Alexisonfire e Circa Survive.[7]

Membros[editar | editar a fonte]

  • Jon Mess – voz sucia (2005–2008; 2010–)
  • Matt Mingus – batería, percusión (2005–)
  • Will Swan – guitarra, teclado, coros (2005–), voz rapeada (2009–2016; 2020–), voz sucia (2008–2010)
  • Tim Feerick – baixo (2009–2010; 2012–)
  • Tilian Pearson – voz (2012–), voz sucia (2020–)

Liña temporal

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

EPs[editar | editar a fonte]

Álbums de directos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Dance Gavin Dance". Sputnik. Consultado o 19 de xullo de 2017. 
  2. "The 10 Best Dance Gavin Dance songs". altpress. 
  3. 3,0 3,1 Corey Apar. "Dance Gavin Dance". AllMusic. Consultado o 17 de setembro de 2015. 
  4. "Dance Gavin Dance". exclaim.ca. Consultado o 17 de setembro de 2015. 
  5. "REVIEW: Dance Gavin Dance - 'Instant Gratification'". Under the Gun Review. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2015. Consultado o 17 de outubro de 2015. 
  6. "Dance Gavin Dance - Acceptance Speech (album review 5) - Sputnikmusic". sputnikmusic.com. Consultado o 7 de xuño de 2015. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Gregory Heaney. "Acceptance Speech". AllMusic. Consultado o 17 de setembro de 2015. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.