Dana Zátopková
Dana Zátopková (de solteira Ingrová), nada en Fryštát o 19 de setembro de 1922 e finada en Praga o 13 de marzo de 2020,[1][2][3] foi unha atleta checa. Logrou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1952 en lanzamento de xavelina.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nas Olimpíadas de 1952 en Helsinqui gañou a medalla de ouro en lanzamento de xavelina. Só unha hora antes, o seu marido, Emil Zátopek, gañou o ouro en 5.000 m. Obtivo a medalla de prata nas Olimpíadas de 1960.[4] Foi a campioa europea en 1954 e 1958.
O 1 de xuño de 1958 converteuse na muller máis vella no atletismo en estabelecer un récord mundial. Tiña 35 anos e 255 días cando fixo un lanzamento de 55,73 metros.[5]
Zátopková e o seu marido foron testemuñas no casamento dos medallistas de ouro olímpico Olga Fikotová e Harold Connolly en Praga en 1957. Emil pediulle axuda ao entón presidente de Checoslovaquia Antonín Zápotocký para que Olga conseguise un permiso para casar con Connolly. Non se sabe con certeza se foi de axuda, porén, recibiron dito permiso uns días máis tarde.[6]
Palmarés
[editar | editar a fonte]![]() | |||||
---|---|---|---|---|---|
1948 | Olimpíadas | Londres, Reino Unido | 7º | 39,94 m | |
1950 | Campionato Europeo | Bruxelas, Bélxica | 5º | 41,34 m | |
1952 | Olimpíadas | Helsinqui, Finlandia | 1º | 50,47 m | |
1954 | Campionato Europeo | Berna, Suíza | 1º | 52,91 m | |
1956 | Olimpíadas | Melbourne, Australia | 4º | 49,83 m | |
1958 | Campionato Europeo | Estocolmo, Suecia | 1º | 56,02 m | |
1960 | Olimpíadas | Roma, Italia | 2º | 53,78 m |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Zemřela Dana Zátopková". Dennikn (en checo).
- ↑ "Dana Zatopkova, Olympic javelin champion whose love affair with Emil Zatopek enthralled the sporting world – obituary". The Telegraph (en inglés). 13 de marzo de 2020. Consultado o 1 de maio de 2025.
- ↑ "Dana Zatopkova, Champion Javelin Thrower, Is Dead at 97". The New York Times (en inglés). 13 de marzo de 2020. Consultado o 1 de maio de 2025.
- ↑ Wallechinsky, David; Loucky, Jaime (2012). The book of Olympic lists (en inglés). Aurum. p. 23. ISBN 9781845137731.
- ↑ Matthews, Peter (1982). Guinness Book of Athletics Facts and Feats (en inglés). Guinness Superlatives. pp. 15. ISBN 9780851122380.
- ↑ Willoughby, Ian (5 de xaneiro de 2008). "Olga Fikotová-Connolly: 1956 Olympic champion dubbed “traitor” in communist Czechoslovakia over romance with US athlete". Radio Prague International (en inglés). Consultado o 1 de maio de 2025.
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1952
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1960
- Atletas nos Xogos Olímpicos de 1960
- Atletas nos Xogos Olímpicos de 1956
- Atletas nos Xogos Olímpicos de 1952
- Atletas nos Xogos Olímpicos de 1948
- Medallistas olímpicos de ouro por Checoslovaquia
- Medallistas olímpicos de prata por Checoslovaquia
- Atletas olímpicos de Checoslovaquia
- Finados en 2020
- Nados en 1922