Dan Rather

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dan Rather
Dan Rather in July 2011.jpg
Nacemento31 de outubro de 1931
 Wharton
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterSam Houston State University
Ocupaciónpresentador de novas e xornalista
PremiosPremios Peabody e Prêmio Emmy Internacional de notícias
editar datos en Wikidata ]

Daniel Irvin Rather Jr., nado en Wharton (Texas) o 31 de outubro de 1931, é un xornalista estadounidense, coñecido por ser o presentador das novas CBS Evening News e por ser o editor e presentador do magazine Dan Rather Reports en AXS TV.

Rather foi o presentador de CBS Evening News durante 24 anos, dende o 9 de marzo de 1981 ata o 9 de marzo de 2005. Tamén contribuíu ao programa 60 Minutes, de CBS. Viuse envolto en controversias sobre unha reportaae de noticias en disputa sobre o servizo do presidente George W. Bush durante a guerra de Vietnam na Garda Nacional e posteriormente abandonou CBS Evening News en 2005. Deixou a emisora por completo en 2006, despois de 43 anos de carreira.[1]

Xunto con Peter Jennings en ABC News e Tom Brokaw en NBC News, Rather foi un dos "Big Three" ("tres grandes") presentadores de informativos dos anos oitenta, noventa e principios do século XXI. Os tres foron presentadores dos programas de noticias nocturnos máis importantes das súas emisoras durante máis de vinte anos, e comezaron e retiráronse con menos dun ano de diferenza.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Rather no South by Southwest 2007

Rather casou con Jean Goebel en 1957. Tiveron un fillo e unha filla, e viven entre Nova York e Austin, Texas.[2] A súa filla Robin é activista polo medio natural e pola comunidade en Austin.[3] O seu fillo Dan é axudante do fiscal do distrito na oficina do fiscal en Manhattan, Nova York.[4]

A Sam Houston State University renomeou o seu edificio de comunicación de masas en honra de Rather en 1994.[5] O edificio alberga The Houstonian e KSHU, estacións de radio e televisión que levan os estudantes. En maio de 2007, Rather recibiu un doutoramento de honra polo Siena College en Loudonville, Nova York, polas súas contribucións ao xornalismo.[6]

Libros[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Dan Rather na 64.ª edición dos premios Peabody

Rather recibiu numerosos premios Emmy, varios premios Peabody e varios graos de honra de universidades.[7]

Premio Ano Título do programa
Peabody 1975 CBS News
Peabody 1976 60 Minutes
Peabody 1994 CBS Reports: D-Day
Peabody 1995 CBS Reports: In the Killing Fields of America
Paul White Award
Radio Television Digital News Association
1997[8] Lifetime Achievement
Peabody 2000 48 Hours: Heroes Under Fire
Peabody 2001 60 Minutes II: Memories of a Massacre
Peabody 2004 60 Minutes II: Abuse at Abu Ghraib
Emmy Trustees Award 2014 Lifetime Achievement

Ademais deste premios, Rather foi incluído no Salón da Fama da Televisión en 2004.[9]

"Kenneth, what is the frequency?"[editar | editar a fonte]

O 4 de outubro de 1986, mentres camiñaba por Park Avenue cara ao seu piso en Manhattan, Rather foi atacado e golpeado dende atrás por un home que quería saber "Kenneth, what is the frequency?" ("Kenneth, cal é a frecuencia?") mentres un segundo asaltante o collía e batía nel. Mentres o asaltante pateaba nel continuaba a repetir a pregunta. Describindo o incidente, Rather dixo "fun atacado. Quen entende estas cousas? Eu non e tampouco agora. Non fixen moito diso nin o fago agora. Oxalá soubese quen o fixo e por que, mais non teño idea ningunha".[10] Ata que o delito se resolveu anos despois, a descrición de Rather do estraño suceso provocou algunhas dúbidas sobre a veracidade da historia,[11] aínda que o porteiro que rescatou a Rather confirmou a súa versión.[10]

O asalto permaneceu sen solución algún tempo, e foi referido múltiples veces na cultura popular. A frase "What's the frequency, Kenneth?" converteuse nunha referencia popular, como nunha escena da novela gráfica Like a Velvet Glove Cast in Iron de Daniel Clowes. En 1994, o grupo R.E.M. estreou a canción "What's the Frequency, Kenneth?" no seu disco Monster. Rather cantou posteriormente con R.E.M. durante unha proba de son antes dunha actuación no Madison Square Garden, que se emitiu a noite seguinte en Late Show with David Letterman.[12]

En 1997, un crítico de televisión do New York Daily News resolveu o misterio, publicando unha fotografía do suposte asaltante, William Tager, que recibiu unha sentenza de entre 12½ e 25 anos de cárcere por matar o encargado da tremoia de NBC Campbell Montgomery na saída do estudio de The Today Show en 1994.[11] Rather confirmou a historia: "Non teño dúbida ningunha de que esa é a persoa".[11] O fiscal do distrito de Nova York Robert M. Morgenthau dixo que "a identidade de William Tager como o home que atacou a Mr. Rather foi establecida no curso dunha investigación da miña oficina".[13] Tager afirmou que pensaba que as redes de televisión estaban a emitir sinais no seu cerebro.[14] Cando asasinou o traballador, Tager estaba a tratar de entrar no estudio da NBC cunha arma para descubrir a frecuencia que as redes estaban a empregar para atacalo e así poder bloquealas. Tager recibiu a liberdade condicional en outubro de 2010.[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dan Rather Leaves CBS After 44 Years" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2017. 
  2. "Dan Rather Retorting". Texas Monthly. marzo de 2005. 
  3. Dreyer, Throne (27 de setembro de 2013). "Rag Radio 2013-09-27 - Newsman Dan Rather & Environmentalist Robin Rather in First Father-Daughter Interview". archive.org. Consultado o 11 de agosto de 2019. 
  4. "Judith M. White And Dan Rather, Lawyer, to Marry". The New York Times (The New York Times Company). 17 de abril de 1988. Consultado o 11 de agosto de 2019. 
  5. "Dan Rather To Speak At SHSU On September 28". shsu.edu. Consultado o 11 de agosto de 2019. 
  6. "Dan Rather | Siena College". siena.edu. Consultado o 11 de agosto de 2019. 
  7. "MSU WELCOMES DAN RATHER AS ADVANCED DEGREE COMMENCEMENT SPEAKER". msutoday.msu.edu. Consultado o 11 de agosto de 2019. 
  8. "Dan Rather Accepting the Paul White Award". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2007. Consultado o 6 de agosto de 2007. , Radio Television Digital News Association Conference & Exhibition, 20 de setembro de 1997. Consultado o 27 de maio de 2014.
  9. "Bob Barker Inducted into TV Hall of Fame". FoxNews.com. Fox News Network, LLC. 25 de marzo de 2015. Consultado o 10 de agosto de 2019. 
  10. 10,0 10,1 McFadden, Robert D. (6 de outubro de 1986). "Park Ave. Assault on Rather Leaves Mystery as to Motive". The New York Times. Consultado o 21 de abril de 2015. 
  11. 11,0 11,1 11,2 Bruni, Frank (30 de xaneiro de 1997). "Belatedly, the Riddle of an Attack on Rather Is Solved". The New York Times. Consultado o 21 de abril de 2015. 
  12. "REM & Dan Rather - What's The Frequency Kenneth? - 1995". youtube.com. Consultado o 11 de agosto de 2019. 
  13. "No Doubt in Rather Case", The New York Times, 5 de novembro de 2004.
  14. Strange story behind R.E.M.'s song "What's the Frequency, Kenneth"
  15. "Full text of "William Tager parole documents"". archive.org. 28 de agosto de 2011. Consultado o 17 de agosto de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]