Dan Bricklin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDan Bricklin

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Daniel Singer Bricklin Editar o valor em Wikidata
16 de xullo de 1951 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Filadelfia, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónHarvard Business School (pt) Traducir
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Universidade Harvard
Jack M. Barrack Hebrew Academy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninformático teórico , programador , inventor , emprendedor , enxeñeiro Editar o valor em Wikidata
EmpregadorDigital Equipment Corporation (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Premios

Páxina webbricklin.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0108601 Twitter: DanB TED: dan_bricklin Editar o valor em Wikidata

Daniel Singer "Dan" Bricklin, nado en Filadelfia o 16 de xullo de 1951, é un informático estadounidense, coñecido como o "pai das follas de cálculo", cocreador con Bob Frankston, do programa VisiCalc. Fundou tamén Software Garden, Inc., da que é presidente e Trellix[1] Corporation.[2][3] É ademais oficial xefe de tecnoloxía de Alpha Software.[4]

O seu libro Bricklin on Technology foi publicado por Wiley en maio de 2009.[5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bricklin naceu nunha familia xudía en Filadelfia,[6] onde asistiu á Akiba Hebrew Academy durante os seus anos de escola secundaria. Comezou a súa carreira universitaria como un destacado matemático, mais axiña se cambiou á informática.

Obtivo unha licenciatura en enxeñaría eléctrica e ciencias da computación polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en 1973, onde foi residente do Bexley Hall.[3][7]

Ao graduarse do MIT, Bricklin traballou para Digital Equipment Corporation (DEC)[8] ata 1976, cando comezou a traballar para FasFax, fabricante de caixas rexistradoras. En 1977 decidiu volver aos estudos e en 1979 obtivo un MBA pola Universidade Harvard.[3]

Mentres era alumno da Harvard Business School, Bricklin codesenvolveu VisiCalc en 1979, primeira folla de cálculo electrónica dispoñible para o seu uso no fogar e na oficina. Funcionaba nun computador Apple II e foi considerado un programa de cuarta xeración. VisiCalc está recoñecido por proporcionar un crecemento rápido á industria do computador persoal. En lugar de facer proxeccións financeiras con follas de cálculo manuais e ter que facer operacións aritméticas con cada cela individual, VisiCalc permitía ao usuario cambiar calquera cela, ademais de que toda a folla se podía calcular automaticamente. Isto deixaba atrás vinte horas de traballo, que pasaban a só ocupar quince minutos, así como permitir máis creatividade.[3][9]

En 1979, Bricklin e Bob Frankston fundaron Software Arts, Inc., e comezaron a vender VisiCalc, mediante unha empresa separada chamada VisiCorp. Xunto co cofundador, comezou a escribir versións do programa para Tandy TRS-80, Commodore PET e Atari 800. Pouco despois do lanzamento, VisiCalc converteuse nun programa moi vendido por 100 dólares.[3][9]

Bricklin recibiu en 1981 o Grace Murray Hopper Award por VisiCalc. Bricklin non o puido patentar porque nesa época o software non era elixible para a protección por patente.

En 1985, fundou Software Garden, unha pequena consultoría e desenvolvedora de aplicacións de software. En 1995, fundou Trellix Corporation,[1] bautizada por Trellix Site Builder.[10] Trellix foi comprada por Interland en 2003.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Gallagher, David F. (16 de abril de 2001). "Popular Web Publishing Service to Get Help From Trellix". The New York Times (en inglés). Dan Bricklin, the founder and chief technical officer of Trellix 
  2. which he left in 2004
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Daniel Bricklin Bio. CS Dept. NSF-Supported Education Infrastructure Project. Consultado o 3 de xaneiro de 2011.
  4. Software, Alpha. "Alpha Software - The Team Behind Alpha Software". www.alphasoftware.com. 
  5. Bricklin, Dan (maio de 2009). "Bricklin on Technology". Wiley Publishing, Inc. p. 512. ISBN 978-0-470-40237-5. 
  6. "A list of famous Jewish American Computer Scientists". Jewish Software. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 14 de outubro de 2013. 
  7. Dan Bricklin Co-creator of VisiCalc, and Founder of Software Garden, Inc. Arquivado 31 de decembro de 2010 en Wayback Machine.. TechStars. Consultado o 3 de xaneiro de 2011.
  8. Spira, Jonathan B. (18 de abril de 2011). Overload!: How Too Much Information is Hazardous to Your Organization. John Wiley & Sons. p. 53. ISBN 978-1-118-06417-7. ...I spoke with Dan Bricklin, the co-inventor of VisiCalc, who was on the team at DEC that developed WPS-8 in the mid-1970s... 
  9. 9,0 9,1 The First Spreadsheet - VisiCalc Arquivado 13 de abril de 2020 en Wayback Machine.. About.com: Inventors. Consultado o 3 de xaneiro de 2011.
  10. Magid, Larry (18 de decembro de 2003). "Setting Out the Welcome Mat at Your Home on the Web". The New York Times. .. to create .. web pages with a tool called Trellix Site Builder. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]