Dan-i

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dan-i (en xaponés: 段位, categorias) é un sistema de graduación utilizado por varias entidades para atestar o rango de coñecemento que unha persoa posúe. Súa creación é atribuída a Honinbo Dosaku, un experto do xogo oriental Go, que o elaborou en substitución aos métodos existentes na época, porque eran moitos imprecisos e permitían moita subxectividade.[1][2][3] O sistema, con todo, é máis coñecido por súa utilización como método de organización das categorías dos practicantes das artes marciais xaponesas. O principal responsábel por esa adopción foi Jigoro Kano, que o adaptou ao judo e influenciou mestres doutras artes marciais, que o adoptaron tamén.[4]

O sistema estabelece determinados niveis de coñecemento, denominados dan (). Orixinalmente, eran nove niveis, mais cada organización que o utiliza acostuma alterar a cantidade de rangos. Tamén, alén deses graos, poden ser concedidos outros graos, referentes aos niveis anteriores aos de mestría, chamados de kyu () e son atribuídos a aqueles practicantes neófitos.[5][6]

Historia[editar | editar a fonte]

O sistema dan foi inventado por Honinbo Dosaku, xogador profesional de go no período Edo.[7]

Os rangos dan foron aplicados ás artes marciais por Jigoro Kano, o fundador do judo. Kano empezou co sistema moderno de rango cando outorgou o rango shodan (o rango dan máis baixo) a dous dos seus alumnos (Shiro Saigo and Tsunejiro Tomita) en 1883. Ata entón, non había unha diferenciación externa entre yūdansha (cinto negro rangos) e mudansha (aqueles que aínda non conseguiron un grao). Kano comezou a levar o seu yūdansha cun obi (cinto) negro en 1886. Estes obi non eran os cintos que os karateka e jūdōka levan actualmente-Kano non inventara o jūdōgi (uniforme de judo) aínda, e os seus estudantes aínda practicaban en kimono.

Rangos[editar | editar a fonte]

Orde Kyu Dan
1 ikkyū (一級) shodan (初段)
2 nikyū (二級) nidan (二段)
3 sankyū (三級) sandan (三段)
4 yonkyū (四級) yondan (四段)
5 gokyū (五級) godan (五段)
6 rokkyū (六級) rokkudan (六段)
7 nanakyū (七級) nanadan (七段)
8 hachikyū (八級) hachidan (八段)
9 kyūkyū (九級) kyūdan (九段)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kempo Kan Ju-Jitsu (ed.). "The History of Karate Belts and Ranks" (PDF) (en inglés). Consultado o 27 de febreiro de 2014. 
  2. Universidade de Brasília (ed.). "Uma breve história do jogo GO - BDM" (PDF) (en portugués). Consultado o 27 de febreiro de 2014. 
  3. "Dan, Historia, Uso moderno en Go, Uso en artes marciales" (en castelán). Consultado o 27 de febreiro de 2014. 
  4. Phil Morris. "The Origins Of Judo’s Kyu / Dan Grading System" (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2014. 
  5. Patrick McCarthy; Marco Forti (Trad.) (5 de caneiro de 2011). "Miti da sfatare" (en italiano). Consultado o 27 de febreiro de 2014. 
  6. Aikido Senshi (ed.). "Qual a cor da sua faixa?" (en portugués). Consultado o 27 de febreiro de 2014. 
  7. GoGoD (Fairbairn & Hall) (2007). "Articles on Famous Players". Honinbo Dosaku.