Saltar ao contido

Damas do teatro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Damas do teatro
Imaxe
 Título
Stage Door Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Lingua orixinal
 Cor
 Formato de imaxe
Autoría
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Deseñador/a vestiario
Temática
 Ambientado en
 Baseado en
Publicación
 Produtor/a
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Custo
952.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Formato de distribución
Datas
 Data de publicación
8 de outubro de 1937 (Estados Unidos de América)
7 de outubro de 1937 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración92 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Recoñecemento
 Premios
 Nomeamentos
Óscar ó mellor filme (6 de febreiro de 1938)
Óscar ó mellor director (6 de febreiro de 1938)
Óscar á mellor actriz secundaria (6 de febreiro de 1938)
Óscar ó mellor guión adaptado (6 de febreiro de 1938) Editar o valor en Wikidata
 Puntuación da crítica
96% Rotten Tomatoes (12 de febreiro de 2025)
8.8/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Identificadores
ISAN0000-0000-6B81-0000-0-0000-0000-3 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0gntm Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
IMDB: tt0029604 Filmaffinity: 627081 Allocine: 13697 Rottentomatoes: m/stage_door Mojo: stagedoor Allmovie: v46386 TCM: 429 Netlix: 60010927 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Damas do teatro (en inglés: Stage Door) é un filme estadounidense de 1937 dirixido por Gregory La Cava. É unha adaptación da obra do mesmo nome, e conta a historia de varias aspirantes a actrices que viven xuntas no 158 West 58th Street de Nova York. Está protagonizado por Katharine Hepburn, Ginger Rogers, Adolphe Menjou, Gail Patrick, Constance Collier, Andrea Leeds, Samuel S. Hinds e Lucille Ball. Eve Arden e Ann Miller, que acadaron a fama en filmes posteriores, interpretan papeis menores.

Estreouse en galego o 20 de novembro de 2021 a través da TVG.[1]

Terry Randall é unha moza aspirante a actriz que chega ao Footlight Club,[2] unha pensión teatral de Nova York onde viven outras actrices que desexan triunfar. Alí, a súa presenza provoca roces con elas, incluíndo a súa nova compañeira de cuarto Jean Maitland, á que non lle fai graza a chegada de Terry á casa. Cando o produtor teatral Anthony Powell se fixa na atractiva Jean, é Terry en cambio quen entra na escena.

Algunhas compañeiras non terán máis remedio que esquecer os seus soños, quedar, casar ou volver ao lugar do que saíron un día.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Katharine Hepburn
como Terry Randall
Ginger Rogers
como Jean Maitland
Adolphe Menjou
como Anthony Powell
Gail Patrick
como Linda Shaw
Constance Collier
como Anne Luther
Andrea Leeds
como Kay Hamilton
Samuel S. Hinds
como Henry Sims
Lucille Ball
como Judy Canfield
  1. "Programación da TVG o 20 de novembro de 2021". Consultado o 23 de maio de 2022. 
  2. Segundo Robert Osborne, presentador de Turner Classic Movies, estaba inspirado no real Rehearsal Club.