Dallas Texans (USHL)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dallas Texans
Fundación1945
SedeSeal of Dallas.svg Dallas,
Flag of Texas.svg Texas
Estados Unidos de América Estados Unidos
CanchaDallas Ice Arena
LigaUnited States Hockey League (USHL)
DivisiónSouthern

Os Dallas Texans foron un equipo profesional do hóckey sobre xeo da cidade de Dallas, Texas (Estados Unidos). A franquía foi fundada en 1945 e competiu na United States Hockey League (USHL) dende a súa creación ata 1949. Xogaron os seus partidos como local no Dallas Ice Arena.

Durante a súa última tempada de existencia estiveron afiliados os Montreal Canadiens da National Hockey League (NHL).

Ano a ano[editar | editar a fonte]

Nas catro tempadas que os Texans competiron na USHL conseguiron uns resultados discretos, clasificándose tan só en dúas ocasións para os play-offs, sendo a súa mellor participación nas series finais a da súa última tempada, a 1948-49, cando o equipo chegou á segunda rolda, caendo fronte aos Tulsa Oilers en cinco partidos (4-1).[1]

Liga regular[editar | editar a fonte]

Tempada Partidos V D E Pts GF GC Clasificación
1945–46 56 21 32 3 45 218 267 [2]
1946–47 60 27 18 15 69 232 218 1º, Southern[3]
1947–48 66 21 39 6 48 208 276 4º, Southern[4]
1948–49 66 24 27 15 63 246 251 2º, Southern[5]

Play-offs[editar | editar a fonte]

Tempada 1ª rolda 2ª rolda Finais
1945–46 Non clasificado
1946–47 derrota 4-2 Omaha Knights[6]
1947–48 Non clasificado
1948–49 vitoria 2-0 Fort Worth Rangers derrota 4-1 Tulsa Oilers[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "1948-49 USHL Playoff Results" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de xullo de 2015. 
  2. "1945-46 United States Hockey League Standings" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de xullo de 2015. 
  3. "1946-47 United States Hockey League Standings" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de xullo de 2015. 
  4. "1947-48 United States Hockey League Standings" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de xullo de 2015. 
  5. "1948-49 United States Hockey League Standings" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de xullo de 2015. 
  6. "1946-47 USHL Playoff Results" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de xullo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]