Saltar ao contido

Dalia, a modista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dalia, a modista
FormatoDrama
Desenvolvido porCTV
Televisión de Galicia
Dirixido porGiselle Llanio
IntérpretesMaría Mera
David Seijo
Xoán Fórneas
Tema de aperturaManu Conde
País de orixeGalicia Galicia
Episodios4
Emisión orixinal
Canle de orixeTVG
Primeiro episodio19 de decembro de 2016
Derradeiro episodio9 de xaneiro de 2017
Na rede
https://www.agalega.gal/videos/category/14313-dalia-a-modista
IMDB: tt7688938 Filmaffinity: 742428 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Dalia, a modista é unha miniserie de televisión galega composta por 4 episodios que se emitiu na TVG entre o 19 de decembro de 2016 e o 9 de xaneiro de 2017. Está protagonizado por María Mera, David Seijo e Xoán Fórneas. Na 15ª edición dos Premios Mestre Mateo estivo nomeado en 12 categorías, gañando finalmente 4 premios,[1] á mellor interpretación feminina secundaria para Covadonga Berdiñas, mellor director artístico, mellor maquillaxe e peiteado e mellor deseño de vestiario. Ese mesmo ano tamén foi recoñecida como a mellor serie televisiva nos Premios CREA da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia.[2][3]

Está dispoñible en liña na plataforma AGalega.[4]

Ambientada nos anos 50 na vila de Prescedo, conta unha historia de amor, misterio e superación protagonizada por unha moza modista na procura de respostas sobre o suicidio de súa nai.[2]

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Na súa estrea na TVG, obtivo unha cota media de pantalla dun 17%, con picos do 24 por cento de share.[5] Retransmitiuse tamén noutras canles autonómicas (Aragón TV, CMMedia, Televisión Valenciana) e en Europa Europa, canle de televisión latinoamericana.[2]

Adaptación literaria

[editar | editar a fonte]

A Fundación Araguaney publicou en 2022 unha adaptación como novela homónima escrita por Noe Martínez, unha das guionistas da miniserie, xunto a Eligio R. Montero e Ghaleb Jaber Martínez.[2]

  1. culturagalega.gal, ed. (6 de marzo de 2017). "XV Mestre Mateo: A gran festa do audiovisual repartiu os seus premios". Consultado o 26 de novembro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 culturagalega.gal, ed. (16 de setembro de 2022). "'Dalia, a modista' pasa da televisión á literatura". Consultado o 26 de novembro de 2024. 
  3. culturagalega.gal, ed. (6 de xuño de 2017). "O persoal do CGAI leva o Premio CREA de Honra". Consultado o 26 de novembro de 2024. 
  4. AGalega (ed.). "Dalia, a modista na Galega". Consultado o 26 de novembro de 2024. 
  5. gisellellanio.com (ed.). "Dalia a modista". Consultado o 26 de novembro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]