Dalcahue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDalcahue
Imaxe

Localización
Mapa
 42°22′47″S 73°38′50″O / -42.3796, -73.6473Coordenadas: 42°22′47″S 73°38′50″O / -42.3796, -73.6473
EstadoChile
RexiónRexión de Los Lagos
ProvinciaProvincia de Chiloé
ComunaDalcahue (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Dalcahue (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación7.120 (2017) Editar o valor em Wikidata (2.034,29 hab./km²)
Xeografía
Superficie3,5 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude361 m Editar o valor em Wikidata

Dalcahue é unha comuna chilena da Rexión dos Lagos, localizada na Provincia de Chiloé, no arquipélago do mesmo nome. A súa capital é a vila de Dalcahue, na ribeira da canle homónima.

As súas principais actividades económicas son a agricultura (patacas), a gandaría ovina e bovina, o comercio, o turismo e a industria procesadora de produtos marítimos.

Dentro da comuna atópanse 3 das 16 igrexas de madeira do Arquipélago de Chiloé que foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco: en Dalcahue, San Juan e Tenaún.

Historia[editar | editar a fonte]

En tempos prehistóricos, o sitio no que actualmente se atopa a poboación de Dalcahue era moi visitado polos chonos e estaba habitado por huilliches, a causa de ser a parte máis angosta da canle de Dalcahue e, polo tanto, o balseo máis natural cara á illa de Quinchao. Cando chegaron os conquistadores españois, tamén se asentaron neste lugar por idénticas razóns. O mesmo significado da palabra Dalcahue revela esta importancia, xa que no mapudungun de Chiloé, Dalkawe significa lugar de dalcas, é dicir, da embarcación de tres táboas que usaban orixinalmente os chonos e que se difundiu a todas as culturas do arquipélago, incluída á española.

En 1567, a expedición de Martín Ruiz de Gamboa tomou posesión do arquipélago de Chiloé e no seu avance cara ao sur a primeira localidade que fundaron foi Tenaún, hoxe límite norte da comuna. Ao proseguir pensaron en asentar a capital no que logo sería San Juan, a causa de que era fácil de defender, pero acabaron desistindo ao ver que a diferenza entre mareas era demasiado alta.

Durante a época colonial, Dalcahue considerábase unha vila de españois e indios, baixo o nome de Dalcapulli ou Dalcahue.

Cando Chile declarou a súa independencia, os habitantes de Chiloé permaneceron fieis á Coroa e estiveron resistindo durante 16 anos contra as forzas patriotas. Na campaña que o Director Supremo Ramón Freire emprendeu contra os realistas do Arquipélago en 1824, o principal desembarco dos patriotas realizouse en Dalcahue, coa intención de tomar Ancud pola retagarda. Mais, o 1 de abril de 1824, o exército expedicionario, ao mando do coronel Jorge Beauchef foi sorprendido a uns 10 km da localidade e produciuse a batalla de Mocopulli, de resultado incerto no campo, pero que obrigou ás tropas chilenas a repregarse sen dar conseguido o seu obxectivo.

Demografía[editar | editar a fonte]

Fachada da igrexa de Dalcahue.

A comuna posúe un patrón de poboamento moi desigual. A entidade de poboación de Dalcahue ten 4.933 habitantes, que corresponden o 38,41 por cento do total comunal. A poboación restante, un 61,39%, habita en áreas rurais e a maior parte deles vive na zona chamada localmente La Costa, unha liña costeira á beira do mar interior de Chiloé que corre de oeste a leste, entre Dalcahue e Tenaún. Nesta zona atópanse as poboacións de Téguel, Quíquel, Quetalco, Puchaurán, Colegual, San Juan, Calen, e Tenaún. Ademais existe o casarío de Mocopulli, na Estrada Panamericana, Astilleros, xusto ao suroeste de Dalcahue, e a aldea de Tocoihue, xunto ao esteiro e cascada do mesmo nome, no que segundo as crenzas populares, os bruxos sacaban o bautismo. Entre a Panamericana e o océano Pacífico, practicamente non hai habitantes, xa que é unha zona de montes que maiormente corresponde aos terreos do sector Anay (sur) do Parque Nacional Chiloé.