Dafydd Huws

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dafydd Huws
AlcumeGoronwy Jones e Charles Huws
Nacemento1949
Lugar de nacementoBangor
Falecemento15 de abril de 2020
Lugar de falecementoPenarth
NacionalidadeReino Unido e Gales
Ocupaciónescritor, guionista e mestre
FillosCatrin Dafydd
editar datos en Wikidata ]

Dafydd Huws, nado en Gwynedd en 1949 e finado en Penarth o 15 de abril de 2020, foi un escritor e guionista galés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi profesor de lingua galesa en Gwaelod-y-garth, a nove quilómetros de Cardiff, entre 1972 e 1989. Comezou a escribir na revista Y Faner columnas asinadas co sobrenome de Charles Huws e foi guionista da serie Pobol y Cwm, entón emitida en BBC Wales. Escribiu unha serie narrativa centrada no personaxe de Goronwy Jones, cun ton humorístico e satírico e que reflicten a historia contemporánea galesa, as institucións propias e a identidade nacional, a ela pertencen as novelas Dyddiadur Dyn Dŵad (1978), Un Peth Di Priodi - Peth Arall Di Byw (1990), Walia Wigli (2004), Alias, Myth a Jones (2009), Nefar in Ewrop (2010) e o libro de relatos Chwarter Call (2005). É autor tamén da historia infantil Sêr y Dociau Newydd (1996) e foi guionista das series de S4C Mwy na Phapur Newydd, I Dir Drygioni e Iechyd Da e dos telefilmes Dyddiadur Dyn Dŵad (1989) e Delyn (2001).