Daði Freyr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Daði Freyr
Nacemento1992 e 30 de xuño de 1992
 Reiquiavik
EducaciónSudurland College
editar datos en Wikidata ]

Daði Freyr Pétursson, nado en Reiquiavik o 30 de xuño de 1992, e coñecido artisticamente como Daði Freyr ou soamente Daði, é un músico islandés. É coñecido por representar a Islandia no Festival de Eurovisión coa canción "Think About Things", antes de que o Festival de Eurovisión 2020 fose cancelado.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Daði naceu en Reiquiavik mais medrou en Dinamarca até os nove anos, cando a súa familia regresou a Islandia e se asentou en Suðurland, primeiro en Laugaland e despois en Ásahreppur. Daði graduouse no Fjölbrautaskóli Suðurlands en 2012 e conseguiu un BA en Music Management e Produción de Son en Berlín en 2017.[1]

Na súa adolescencia, Daði tocou a batería e estudou piano e baixo. Foi membro de RetRoBot, uníndose ó cantante Gunnlaugur Bjarnason e ó guitarrista Guðmundur Einar Vilbergsson, ós cales coñeceu no Instituto Multicultural de Suðurlands. En 2012, a banda RetRoBot gañou o Músíktilraunir ("Experimentos Musicais") e Daði foi escollido como músico electrónico do ano.[2] RetRoBot lanzou un álbum, Blackout, un ano despois.

Söngvakeppnin e Eurovisión[editar | editar a fonte]

En 2017, Daði participou en Söngvakeppnin (competindo para representar a Islandia no Festival de Eurovisión de 2017) coa canción "Hvað með það?". Quedou en segundo lugar, despois de Svala Björgvinsdóttir que interpretou a canción "Paper".[3] Daði participou no Söngvakeppnin de 2020, coa canción "Think About Things" (a versión alternativa en islandés titulouse "Gagnamagnið").[4] Participou cun grupo de amigos nos que están a súa irmá Sigrún Birna Pétursdóttir (coros), a súa muller Árný Fjóla Ásmundsdóttir (baile), e Hulda Kristín Kolbrúnardóttir (coros), Stefán Hannesson (baile) e Jóhann Sigurður Jóhannsson (baile), acreditados colectivamente como "Daði og Gagnamagnið".[5][6] O grupo caracterízase polos seus traxes de cor verde e polo pixel art nas interpretacións.[7] Gañou a competición de 2020 e ían representar a Islandia no Festival de Eurovisión 2020, mais o evento foi cancelado por mor da pandemia por coronavirus de 2019-2020.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Daði Freyr casou coa músico Árný Fjóla Ásmundsdóttir; a súa filla Áróra, naceu en 2019.[8][9] A súa filla foi a inspiración para letra da canción "Think About Things".[10]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Título Detalles
& Co.
  • Estrea: 12 de xuño de 2019[11]
  • Formato: Descarga dixital, CD
  • Selo: Samlist ehf

EPs[editar | editar a fonte]

Título Detalles
Næsta Skref
  • Estrea: 26 de outubro de 2017[12]
  • Formato: Descarga dixital, CD
  • Selo: Autoproducido

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Daði Freyr ætlar ekki að flytja aftur til Íslands á næstunni". DV (en islandés). 24 de abril de 2017. Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  2. inporter (8 de maio de 2013). "Hljómsveitin RetRoBot frá Selfossi sigraði Músíktilraunir 2012". Reykjavíkurborg (en islandés). Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  3. "Svala fulltrúi Íslands". www.mbl.is (en islandés). Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  4. "Daði Freyr snýr aftur í Söngvakeppnina". www.mbl.is (en islandés). Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  5. "Daði Freyr - Think About Things (Daði og Gagnamagnið)". YouTube. 14 de febreiro de 2020. Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  6. "Eurovision 2020: in Islanda trionfano Daði Freyr e i Gagnamagnið con "Think about things"". Eurofestival News (en italiano). 29 de febreiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2020. Consultado o 1 de marzo de 2020. 
  7. "Iceland: Daði & Gagnamagnið release the music video for "Think about things" ahead of semi-final 2 of Söngvakeppnin 2020". wiwibloggs (en inglés). 14 de febreiro de 2020. Consultado o 1 de marzo de 2020. 
  8. "Daði Freyr og Árný Fjóla eignast stúlkubarn - Vísir". visir.is. Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  9. "Daði Freyr: "I originally wrote the song in English to me that is the real version of the song"". ESCBubble (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2020. 
  10. "Daði Freyr: "I originally wrote the song in English to me that is the real version of the song"". Consultado o 6 de marzo de 2020. 
  11. Apple Music, ed. (12 de xuño de 2019). "& Co. by Daði Freyr on Apple Music". Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  12. Apple Music, ed. (26 de outubro de 2017). "Næsta Skref - EP by Daði Freyr on Apple Music". Consultado o 5 de marzo de 2020.