Daína Chaviano
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 19 de febreiro de 1957 A Habana |
| Residencia | España |
| Educación | Universidade da Habana |
| Actividade | |
| Ocupación | escritora, poetisa, novelista, escritora de ciencia ficción, escritora de contos |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Cronoloxía | |
| 1991 | emigración |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Latin American Science Fiction Writers : An A-to-Z Guide (en) Latin American Women Writers: an Encyclopedia |
| Sitio web | blog.dainachaviano.com |
Daína Chaviano, nada na Habana o 19 de febreiro de 1957, é unha escritora cubana con cidadanía estadounidense desde 1991. Está considerada unha das tres escritoras máis importantes da Literatura fantástica e de Ciencia ficción en lingua española, xunto con Angélica Gorodischer (Arxentina) e Elia Barceló (España) con quen integra a chamada "Trindade Femenina da Ciencia ficción en Hispanoamérica".[1]
Mentres viviu en Cuba, publicou varios libros de fantasía e ciencia ficción, converténdose na autora máis vendida e admirada dentro de ambas as vertentes na historia do seu país. Despois de abandonar a illa, en 1991, destacouse por unha serie de novelas onde abordou asuntos máis contemporáneos e históricos con fortes elementos mitolóxicos e fantásticos.
Aínda que o peso da súa obra se dirixe ao lector adulto, tamén publicou varios libros para mozos. Nese concepto, a súa literatura resulta bastante sui géneris porque ás veces as fronteiras entre as idades dos seus lectores resultan bastante difusas.[2]
A súa prosa móvese con igual soltura na modalidade fantástica e na tradicional. Tanto nunha como noutra obtivo premios e recoñecementos internacionais.
Os seus temas abarcan a mitoloxía, o erotismo, a historia antiga, a socioloxía, a parapsicoloxía, a política e a maxia.
É curmá do actor cubano César Évora.
Biografía
[editar | editar a fonte]Descendente de franceses e asturianos, é licenciada en lingua e literatura inglesa pola Universidade da Habana. Gañou o seu primeiro premio literario cando aínda era estudante, na primeira convocatoria que se facía en Cuba para un concurso de ciencia ficción, co seu libro Los mundos que amo. Máis tarde fundou o primeiro obradoiro literario de ciencia ficción no seu país, ao que nomeou Óscar Hurtado como homenaxe ao pai do xénero na illa caribeña.[3]
En 1989, o seu libro País de dragones obtivo o Premio Nacional de Literatura para Nenos e Mozos "A Idade de Ouro". Con todo, nunca chegou a publicarse en Cuba porque foi censurado cando a autora decidiu abandonar o país, en 1991, para establecerse en Estados Unidos.[4]
En 1998 alcanzou recoñecemento internacional cando recibiu o Premio Azorín de Novela en España, por El hombre, la hembra y el hambre. Esta obra forma parte do seu ciclo novelístico «La Habana Oculta», ao que tamén pertencen Casa de juegos (1999), Gata encerrada (2001) e La isla de los amores infinitos (2006). Esta serie foi cualificada como “o proxecto novelístico máis coherente da súa xeración, indispensable para entender a psicoloxía social e os altibaixos espirituais dos cubanos”.[5]
En 2004 foi a Invitada de Honra ao 25.º Congreso Internacional da arte Fantástica (25th Internacional Conference for the Fantastic in the Arts, ICFA), o maior evento académico do mundo dedicado á literatura e á arte de ciencia ficción e fantasía que se celebra anualmente en Estados Unidos. Foi a primeira vez que se outorgou esa honra a un escritor de fala hispana.
En 2007 a súa novela La isla de los amores infinitos foi galardoada coa Medalla de Ouro no certame Florida Book Awards —que recoñece os mellores libros publicados anualmente por autores residentes nese estado—, na categoría Mellor Libro en Lingua Española.
La isla de los amores infinitos foi publicada en 26 idiomas e converteuse na novela cubana máis traducida de todos os tempos.
En novembro de 2014 foi a Escritora Homenaxeada durante a Feira Universitaria do Libro en Tabasco (México), onde recibiu o Premio Nacional Malinalli para a Promoción das Artes, os Dereitos humanos e a Diversidade Cultural, que até entón só recibiran figuras da cultura e a sociedade mexicana. Foi a primeira vez que se entregou este galardón a unha figura internacional.[6]
A súa colección de contos Extraños testimonios saíu en xaneiro de 2017. Nunha entrevista, Chaviano clasificou o xénero ao que pertencía esta obra como "gótico caribeño", debido a que reúne textos con "elementos do horror, o absurdo, o erotismo e certa dose de humor cortaziano, en ambientes tropicais e solleiros, especificamente do Caribe".
Fora o último libro que escribiu antes de abandonar Cuba. Tras permanecer inédito durante vinte e cinco anos, foi publicado en España polo editorial Huso, que desde entón se deu á tarefa de rescatar outros títulos desta autora, esgotados desde había anos, como El abrevadero de los dinosaurios (novembro de 2017) e Fábulas de una abuela extraterrestre (novembro de 2018).
En 2019 publicouse a súa novela Los hijos de la Diosa Huracán, un thriller histórico que implicou un traballo investigativo de máis dunha década. Con esta obra, a súa autora recreou na ficción o universo dos taínos, rescatando o legado da principal cultura indíxena do Caribe. A novela recibiu a Medalla de Ouro no concurso Florida Book Awards por Mellor Libro en Lingua Española, convertendo a Chaviano na única escritora en obter dúas veces o galardón nesa categoría. Tamén obtivo o primeiro lugar en dúas categorías do certame International Latino Book Awards: Best Popular Fiction e Best Novel Adventure or Drama in Spanish.[7][8]
O seu libro País de dragones (Grupo Editorial Norma, Colombia, 2021), recibiu o premio Os Mellores do Banco do Libro, outorgado aos mellores libros para nenos e mozos en lingua española. Xunto con Amoroso planeta, tamén publicado por esa editorial, foi incorporado aos cursos de lectura nos colexios dese país.[9][10]
Os seus contos e poemas foron incluídos en decenas de antoloxías.
The Encyclopedia of Science Fiction, a seminal obra crítica do xénero, escrita por John Clute e Peter Nicholls, recolle amplamente as súas acheguas dentro da ciencia ficción.[11]
É a única escritora cubana viva cun artigo individual na clásica Enciclopedia Británica.[12]
Influencias literarias
[editar | editar a fonte]As súas influencias literarias proveñen fundamentalmente do mundo celta, de diversas mitoloxías e das principais epopeas de pobos antigos. Entre estes referentes atópanse o ciclo artúrico, os mitos gregos, romanos, exipcios, precolombianos e afrocubanos, e as primeiras epopeas da humanidade, próximas á prehistoria, tales como o Poema de Gilgamesh, o Mahábharata, o Popol Vuh, a Odisea, e outros similares.[13]
Este gusto polo máxico e o mitolóxico desembocou nun estilo marcadamente distinto ao doutros escritores do seu país. A propia autora recoñeceu que non ten afinidade nungunha coa literatura cubana de ningunha época. Tampouco a literatura hispanoamericana parece ser un referente temático nela. Coa excepción de nomes como Manuel Mujica Lainez e Mario Vargas Llosa, o seu punto de contacto máis importante con Latinoamérica son as mitoloxías precolombianas.[14]
En termos xerais, as súas influencias contemporáneas proveñen de autores europeos e anglosaxóns como Margaret Atwood, Milan Kundera, Ursula K. LeGuin, Ray Bradbury, Anaïs Nin, J. R. R. Tolkien e William Shakespeare, entre outros.
Obra
[editar | editar a fonte]Novela
[editar | editar a fonte]- Fábulas de una abuela extraterrestre (1988). Letras Cubanas, Cuba; 2003: Editorial Océano, México; 2018: Editorial Huso, España, ISBN 978-84-949090-2-3
- El hombre, la hembra y el hambre (1998). Editorial Planeta, Barcelona, España. ISBN 9788408025306.
- Casa de juegos (1999). Editorial Planeta, Barcelona, España. 200 páxs. ISBN 978-8408030669.
- Gata encerrada (2001). Editorial Planeta, Barcelona, España. 296 páxs. ISBN 9788408038795.
- La isla de los amores infinitos (2006). Editorial Grijalbo, España. 416 páxs. ISBN 9788425340253.
- Los hijos de la Diosa Huracán (2019). Editorial Grijalbo, España. 736 Páxs. ISBN 9788425357299.
Novela curta
[editar | editar a fonte]- Historias de hadas para adultos (1986). Letras Cubanas, Cuba; 2007: Ediciones Minotauro, España, 176 páxs. ISBN 9788445076422.
- Un hada en el umbral de La Tierra (2015). Ediciones El Naranjo, México. ISBN 978-607-7661-86-3.
Contos
[editar | editar a fonte]- Los mundos que amo (1980). Ediciones Unión, Cuba. Alfaguara, 2004, ISBN 978-9587042160.
- Amoroso planeta (1983). Letras Cubanas, Cuba; 2019: Editorial Norma, Colombia. 160 páxs. ISBN 9789580012139.
- El abrevadero de los dinosaurios (1990). Letras Cubanas, Cuba; 2005: Sello Nueva Imagen, México; 2017: Editorial Huso, Madrid, España, ISBN 978-84-947062-4-0.
- País de dragones (2001). Espasa Juvenil, Madrid, España, ISBN 978-8423963461; 2021: Editorial Norma, Colombia.
- Extraños testimonios (2017). Editorial Huso, España; 2023: Editorial Minotauro, Colombia. ISBN 978-84-946245-4-4.
Poesía
[editar | editar a fonte]- Confesiones eróticas y otros hechizo (1994). Editorial Betania, Madrid, España: Cuba: La Luz, 2016, ISBN 978-959-255-128-2.
Cinema
[editar | editar a fonte]- La anunciación (1989). Editorial Extensión Universitaria, A Habana, Cuba.
Premios e distincións
[editar | editar a fonte]- 2022: Premio Internacional de Literatura outorgado por Banco do Libro (categoría xuvenil), por País de dragones.
- 2020: Primeiro lugar nas categorías Best Popular Fiction (Mellor Ficción Popular) e Best Novel Adventure or Drama in Spanish (Mellor Novela de Aventura ou Drama en Español) nos International Latino Book Awards (Premio Internacional do Libro Latino), por Los hijos de la Diosa Huracán.
- 2020: Medalla de Ouro na categoría Mellor Libro en Lingua Española. Florida Book Awards 2019 (Estados Unidos), por Los hijos de la Diosa Huracán.
- 2017: Convidada de Honra ao 35° HispaCon (Navacerrada, España).
- 2017: Convidada de Honra á 12a Convención Norteamericana de Ciencia Ficción (San Juan, Porto Rico).
- 2014: Premio Nacional Malinalli para a Promoción das Artes, os Dereitos Humanos e a Diversidade Cultural (México).
- 2014: Convidada de Honra e escritora homenaxeada na Feira Universitaria do Libro de Tabasco (México).
- 2010: International Dublin Literary Award IMPAC Longlist por The Island of Eternal Love (La isla de los amores infinitos, tradución de Andrea G. Labinger).
- 2008: Finalista do Prix Relay du Roman d'Évasion (Francia), por La isla de los amores infinitos.
- 2007: Medalla de Ouro na categoría Mellor Libro en Lingua Española. Florida Book Awards 2016 (Estados Unidos), por La isla de los amores infinitos.
- 2004: Máxima Invitada de Honra ao 25.º Congreso Internacional da arte Fantástico, Fort Lauderdale (Estados Unidos).
- 2003: Premio Internacional de Fantasía Goliardos (México), por Fábulas de una abuela extraterrestre.
- 1998: Premio Azorín de Novela (España), por El hombre, la hembra y el hambre.
- 1990: Premio Anna Seghers, Academia de Artes de Berlín (Alemaña), por Fábulas de una abuela extraterrestre.
- 1989: Premio Nacional de Literatura Xuvenil "A Idade de Ouro" (Cuba), por País de dragones.
- 1988: Premio Nacional "13 de marzo" ao mellor guión de cinema inédito (Cuba), por La anunciación.
- 1979: Premio Nacional de Literatura David de ciencia ficción (Cuba), por (Loss mundos que amo).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Piña, Begoña. “Daína Chaviano, la memoria y la salvación del futuro”. Qué Leer, 9 de xaneiro de 2006, p. 75.
- ↑ Cuatrogatos, Fundación. "Daína Chaviano habla sobre su novela para jóvenes «Un hada en el umbral de la Tierra»" (en castelán). Consultado o 23 de enxaneiro de 2020.
- ↑ Herrera-Mulligan, Michelle. "When Sci-Fi Meets Sexy". Críticas Magazine, xaneiro/febreiro de 2004, pp. 24-6.
- ↑ "Daína Chaviano gana premio internacional de literatura". Consultado o 28 de xuño de 2022.
- ↑ Martínez Galiana, José Juan (5 de marzo de 1998). "La escritora cubana Daína Chaviano gana el Premio Azorín de novela". Consultado o 22-9-2025.
- ↑ "7a Feria del Libro Internacional UJAT Villahermosa, Tabasco" (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2019.
- ↑ Miquel, Mariasun (24 de junio de 2019). "Daína Chaviano: “Estamos saturados de tragedias y distopías”" (en castelán). Consultado o 21 de xullo de 2019.
- ↑ "Daína Chaviano, Medalla de Oro al mejor libro en español" (en castelán). 9 de marzo de 2020. Consultado o 11 de marzo de 2020.
- ↑ "Daína Chaviano recibe premio internacional de literatura" (en castelán). Consultado o 2022-10-26.
- ↑ DDC (2022-07-28). "La escritora cubana Daína Chaviano gana un premio internacional de literatura con su 'País de dragones' | DIARIO DE CUBA" (en castelán). Consultado o 2022-07-28.
- ↑ "Authors : Chaviano, Daína : SFE : Science Fiction Encyclopedia". Consultado o 7 de novembro de 2019.
- ↑ "Daína Chaviano | Cuban author" (en inglés). Consultado o 7 de outubro de 2019.
- ↑ "Daina Chaviano" (PDF). dainachaviao.
- ↑ Mayor Marsán, Maricel. ”Daína Chaviano: Entre la ciencia ficción y lo sobrenatural”. Revista Baquiana, año VI, Nº 33/34, xaneiro/abril de 2005, p. 193-9