DS-U2-D

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

DS-U2-D foi o nome dun modelo de satélites artificiais soviético adicado ó estudo da magnetosfera terrestre e o estudo das partículas cargadas.[1][2]

En total lanzáronse dous satélites da serie DS-U2-D: o Kosmos 137 o 21 de decembro de 1966, e o Kosmos 219 o 26 de abril de 1968. Ámbolos dous satélites foron lanzados desde a base de Kapustin Yar con éxito mediante foguetes Kosmos 2I.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Data[1][2] Rampla de lanzamento[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas[1][2]
21 de decembro de 1966, 13:12 GMT Kapustin Yar Kosmos 137 Éxito Primeiro voo dun DS-U2-D.
26 de abril de 1968, 4:42 GMT Kapustin Yar Kosmos 219 Éxito Último voo dun DS-U2-D.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2011). "DS-U2-D" (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DS-U2-D" (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2012.