DS-U1-G

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

DS-U1-G foi o nome dun modelo de satélites artificiais soviético adicado ó estudo das capas superiores da atmosfera terrestre e as súas variacións con respecto da actividade solar.[1][2]

En total lanzáronse dous satélites da serie DS-U1-G: o Kosmos 108 o 11 de febreiro de 1966, e o Kosmos 196 o 19 de decembro de 1967. Ámbolos dous satélites foron lanzados desde a base de Kapustin Yar con éxito mediante foguetes Kosmos 2I.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Data[1][2] Rampla de lanzamento[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas[1][2]
11 de febreiro de 1966, 18:00 GMT Kapustin Yar Kosmos 108 Éxito Primeiro voo dun DS-U1-G.
19 de decembro de 1967, 6:30 GMT Kapustin Yar Kosmos 196 Éxito Último voo dun DS-U1-G.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2011). "DS-U1-G" (en inglés). Consultado o 21 de agosto de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DS-U1-G" (en inglés). Consultado o 21 de agosto de 2012.