Saltar ao contido

DP-7206

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
DP-7206
Quilómetro 0 da estrada Editar o valor en Wikidata
Tipoloxíaestrada convencional
RedeRede de estradas da Coruña
Lonxitude0,130 km
Localización
InicioAC-553
FinPonte de Catoira (EP-8001)
Converxencia das estradas DP-7206 e EP-8001 e punto onde se produce o cambio de titularidade da Ponte de Catoira.

A DP-7206 é unha estrada de segundo nivel da rede provincial de estradas da Deputación da Coruña, situada no lugar do Regueiro, parroquia de Isorna, no concello de Rianxo.

Percorrido

[editar | editar a fonte]

Cun percorrido total de tan só 220 metros, iníciase nunha rotonda no cruzamento coas estradas DP-3301 e AC-553 no concello de Rianxo, e tras un xiro de dereitas entra xa na ponte de Catoira ata rematar nun punto no centro do río Ulla, lugar este onde se produce a confluencia da titularidade desta estrutura coa Deputación de Pontevedra e pasando o vial a denominarse EP-8001.[1]

Non constan datos de aforos de tráfico sobre esta estrada publicados pola Deputación da Coruña. Non obstante, dada a configuración desta estrada, podemos tomar coma válidos os datos obtidos a partir do tramo contiguo da EP-8001 ata o cruzamento coa PO-548 en Catoira publicados pola Deputación de Pontevedra, e que cifran o IMD en 10.355 vehículos no ano 2023, cunha porcentaxe de vehículos pesados do 4,55 %.[2]

  1. ↑ "Vías e Obras". www.dacoruna.gal. Consultado o 2025-04-24.
  2. ↑ "Plan de aforos - Deputación de Pontevedra - DEPO". Deputación de Pontevedra. Consultado o 2025-04-24.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]